Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 8065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cartelle

ANUNCIO polo que se aproban as bases e a convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 290, do 21 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover varias prazas:

1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

3 prazas de auxiliar administrativo/a, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

1 praza de chofer-rozadoira, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

2 prazas de peón/oa, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e/ou no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cartelle.

Cartelle, 28 de decembro de 2022

Jaime Sousa Seara
Alcalde