Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 8066

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo da oferta de emprego público de carácter excepcional prevista na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 243, do 22 de decembro de 2022, publicouse a convocatoria e as bases xerais e anexos específicos que rexerán a convocatoria e o proceso de estabilización de carácter excepcional prevista na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, do Concello de Mos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Mos, 22 de decembro de 2022

Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa