Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 8067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Nogais

ANUNCIO das bases que regularán as convocatorias dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 292, do 23 de decembro de 2022, e na páxina web do concello: www.concelloasnogais.es publicáronse integramente as bases específicas aprobadas o día 16 de decembro de 2022, que rexerán as convocatorias incluídas na OEP extraordinaria publicada no BOP número 118, do 25 de maio de 2022, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos efectuaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.

As Nogais, 30 de decembro de 2022

Jesús Manuel Núñez Díaz
Alcalde