Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, polo que se notifica a resolución correspondente á queixa presentada en materia de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución correspondente á queixa presentada, en materia de xestión da biomasa.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Prevención, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023

Manuel Rodríguez Vázquez
Director xeral de Defensa do Monte

ANEXO

Expediente: queixa 2022/Q-01618.

Persoa interesada: 36148167X.

Acto de notificación: resolución da queixa en materia de xestión da biomasa.