Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8353

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdido

ANUNCIO da convocatoria e das bases de selección para o acceso a varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 246, do 29 de decembro de 2022, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para o acceso ás seguintes prazas:

Unha praza de animador/a sociocultural, persoal laboral fixo, grupo 3, mediante o sistema de concurso.

Unha praza de condutor/a-encargado/a de maquinaria municipal, persoal laboral fixo, grupo 4, mediante o sistema de concurso.

Catro prazas de auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, persoal laboral fixo, grupo 5, mediante o sistema de concurso.

Dúas prazas de auxiliar de axuda no fogar, xornada parcial, persoal laboral fixo, grupo 5, mediante o sistema de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e/ou no taboleiro de anuncios do Concello de Cerdido.

Cerdido, 2 de xaneiro de 2023

Benigno Galego Castro
Alcalde