Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8354

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para dúas (2) prazas no corpo administrativo, Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, como funcionario de carreira.

Na sesión da Xunta de Goberno Local do día 13 de decembro de 2022 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases xerais polas que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para dúas (2) prazas no corpo administrativo, Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, como funcionario de carreira, do Concello de Lalín.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 4 de xaneiro de 2023, procedeuse á corrección das ditas bases.

Estas bases publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 249, do 30 de decembro de 2022, e a corrección de erros no BOPPO núm. 9, do 13 de xaneiro de 2023, e publicarase, así mesmo, un anuncio delas no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras están publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 249, e a corrección de erros das ditas bases no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 9. Ambas tamén se publicarán na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 16 de xaneiro de 2023

José Crespo Iglesias
Alcalde