Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8664

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2023

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de sinatura

3ª addenda ao convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe na futura área de especial interese paisaxístico 05-03 Ribeira Sacra.

Modificación da cláusula sexta do convenio, asinado o 5.10.2020, co fin de ampliar o prazo de xustificación das actuacións previstas para o ano 2022 do 30.10.2022 ata o 30.11.2022, e do seu anexo: bases para a elaboración do documento técnico no seu punto 2 «contido xeral do documento», na alínea d.5) «mellora dos itinerarios de interese paisaxístico con valores panorámicos».

Sen achega económica

14.9.2022

2ª addenda ao convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia de Infraestruturas de Galicia, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra, a Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense para a execución do Plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra.

Modificación da cláusula oitava do convenio, asinado o 22.9.2021, dándolle unha nova redacción –documentación xustificativa da execución e gastos–, co obxecto de ampliar o prazo de xustificación da anualidade 2022 do 15 ao 30 de novembro de 2022.

Sen achega económica

22.9.2022

Prórroga do acordo de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Axencia Tributaria de Galicia para a elaboración de determinacións na base de datos xeográfica empregada pola Axencia Tributaria de Galicia na comprobación de valores de inmobles de natureza rústica.

Prorrogar catro anos máis o acordo de colaboración, que foi asinado o 26 de novembro de 2018, de conformidade co previsto na súa cláusula sexta.

Sen achega económica

22.11.2022