Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8665

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, letra b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e cantidade concedida.

Segundo o disposto no artigo 18.1 da Resolución do 30 de decembro de 2021, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convocatoria:

Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.

Programa e crédito orzamentario:

Esta resolución financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.561A.770.0 por un valor total de 2.401.315,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 480.263,00 euros en 2022, 1.440.789,00 euros en 2023 e 480.263,00 euros en 2024. Financiarase integramente co cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5 %.

Finalidade:

Apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Núm. expediente

Título

Beneficiarios

CIF

Axuda

concedida 2022

Axuda

concedida 2023

Axuda

concedida 2024

Axuda

total

FEADER 2022/001A

Desenvolvemento de novos produtos cárnicos de porco celta sen aditivos artificiais

O Rualdi Sociedade Limitada

B32201790

23.532,12 €

45.248,00 €

48.799,20 €

117.579,32 €

FEADER 2022/004A

Mellora do cultivo ecolóxico de trigo autóctono

Panadería da Cunha, S.L.

B15582505

15.736,80 €

37.708,80 €

27.128,80 €

80.574,40 €

FEADER 2022/005A

Incremento da eficiencia en gandarías de ruminantes e valorización dos seus produtos

Agronovo Ecoloxía, S.L.

B27301092

23.970,58 €

59.600,19 €

36.282,16 €

119.852,94 €

FEADER 2022/008A

Aforro na auga de rega e outros insumos mediante novas tecnoloxías

Comunidad de Regantes de Antioquía

G32304180

17.536,09 €

44.320,18 €

25.824,02 €

87.680,29 €

FEADER 2022/009A

Explotación do potencial de garda dun Terroir histórico do Ribeiro con cultivo sustentable do viñedo

Anay674mb, S.L.

B87670527

19.589,60 €

36.319,20 €

42.039,20 €

97.948,00 €

FEADER 2022/010A

Xardín vertical con planta viva, montable e monitorizado mediante app móbil polo usuario

A Man de Prado, S.L.

B27402338

28.800,00 €

70.952,94 €

44.247,06 €

144.000,00 €

FEADER 2021/017A

As variedades autóctonas como alimentos funcionais a partir de cultivos sustentables

Sementares, S.L.

B16956237

30.000,08 €

79.499,95 €

40.499,57 €

149.999,60 €

FEADER 2022/022A

ViñOXs-Itinerarios innovadores en crianzas oxidativas de viños galegos

Coop Vitivinícola

Arousana, S.C.G.

F36477354

23.329,71 €

48.978,62 €

44.340,26 €

116.648,59 €

FEADER 2022/027A

Produción de fariña de millo nixtamalizada a partir de recursos xenéticos autóctonos de Galicia

A Milpa do Salnés, S. Coop. Galega

F42954826

29.317,22 €

66.344,68 €

54.338,10 €

150.000,00 €

FEADER 2022/029A

Enerxigando: plataforma web para a adopción de modelos enerxéticos innovadores en explotacións gandeiras

Unións Agrarias-UPA

G15115322

30.000,00 €

67.640,00 €

52.360,00 €

150.000,00 €

FEADER 2022/035A

Tratamentos fitosanitarios en viñedo con RPA na DO Rías Baixas en dous sistemas de condución e na variedade Albariño

Adegas Valmiñor, S.L.

B36277218

28.526,88 €

57.296,95 €

58.176,17 €

144.000,00 €