Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8668

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 19 de xaneiro de 2023 pola que se deixa sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 12, do 18 de xaneiro de 2023, da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

No Diario Oficial de Galicia número 8, do 12 de xaneiro de 2023, publicouse a Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 14 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro).

Ao duplicarse a publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 12, do 18 de xaneiro de 2023, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Deixar sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia núm. 12, do 18 de xaneiro de 2023, da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 14 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro).

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de
Economía, Industria e Innovación