Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8786

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da toma de posesión e formalización de contratos do persoal laboral fixo.

Mediante a Resolución da Alcaldía 883/2022, do 15 de decembro, unha vez concluídos os procesos selectivos, efectuouse a formalización do contrato laboral fixo de:

Ángel Manuel López Fernández, con NIF ***029***, para cubrir a praza de peón do grupo de emerxencias supramunicipal, grupo V.

Mediante a Resolución da Alcaldía 884/2022, do 15 de decembro, unha vez concluídos os procesos selectivos, efectuouse a formalización do contrato laboral fixo de:

José Vigo Grobas, con NIF ***177***, para cubrir a praza de operario responsable da unidade de obras e servizos básicos, grupo V.

Mediante a Resolución da Alcaldía 3/2023, do 2 de xaneiro, unha vez concluídos os procesos selectivos, efectuouse o nomeamento e a posterior toma de posesión de:

Iván Maqués García, con NIF ***097***, para cubrir a praza de administrativo da Unidade Técnica do Departamento de Urbanismo (grupo C, subgrupo C1, escala administrativa).

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Curtis, 3 de xaneiro de 2023

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde