Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8787

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO referente á convocatoria de varias prazas do proceso de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 296, do 28 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases reguladoras e a convocatoria dos procesos selectivos para a provisión das seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal do Concello de Monterrei, de conformidade coa Lei 20/2022, polo procedemento de concurso-oposición:

Unha (1) praza de orientador/a laboral, persoal laboral fixo, asimilada a A2, con xornada a tempo completo.

Unha (1) praza de educador/a social, persoal laboral fixo, asimilada a A2, con xornada a tempo completo.

Unha (1) praza de auxiliar de biblioteca, persoal laboral fixo, grupo IV, con xornada a tempo completo.

Unha (1) praza de oficial de servizos varios (fontaneiro/a), persoal laboral fixo, grupo IV, con xornada a tempo completo.

Unha praza (1) praza de operario condutor/a de rozadoira (agrupada co Concello de Cualedro), persoal laboral fixo, grupo V, con xornada a tempo completo.

Nove (9) prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, grupo V, con xornada a tempo completo.

Unha (1) praza de limpador/a de instalacións municipais, persoal laboral fixo, grupo V, con xornada a tempo parcial (5 horas semanais).

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://monterrei.sedelectronica.es), nos termos establecidos nas bases.

Monterrei, 3 de xaneiro de 2023

José Luis Suárez Martínez
Alcalde