Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo/a por promoción interna da oferta de emprego público de 2020.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 240, do 19 de decembro de 2022, e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 3, do 4 de xaneiro 2023, publicáronse as bases do proceso selectivo para a provisión, como funcionario/a de carreira, dunha praza incluída na oferta de emprego público do ano 2020 como administrativo/a da Administración xeral, promoción interna, polo sistema de concurso-oposición.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo paraa presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cerdedo-Cotobade, 5 de xaneiro de 2023

Jorge Cubela López
Alcalde