Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9266

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO da oferta de emprego público 2023.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, adoptado en sesión do 12 de xaneiro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se relacionan para o ano 2023.

– Persoal funcionario.

Escala de Administración xeral:

Grupo

Subgrupo

Subescala

Núm. vacantes

Denominación categoría

C

C2

Auxiliar

1

Auxiliar administrativo

– Persoal laboral.

Grupo

Subgrupo

Núm. vacantes

Denominación categoría

Especialidade

C

C2

1

Auxiliar administrativo

Monitor de ocio e tempo libre

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, contado desde o día seguinte ao da publicación no BOE, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Becerreá, 13 de xaneiro de 2023

Manuel Martínez Núñez
Alcalde presidente