Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9265

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de corrección de erros nas bases xerais e específicas de estabilización de emprego temporal, da oferta extraordinaria de emprego público do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 234, do 13 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos convocados polo Concello de Ames para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal da oferta extraordinaria de emprego público de 2022, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023, publicouse unha corrección de erros das citadas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Ames, 10 de xaneiro de 2023

José Blas García Piñeiro
Alcalde