En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Antecedentes:
– O 6 de novembro de 2019 Adelanta Corporación, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Muruás (IN408A 2019/088), situado nos términos municipais de Muras e Ourol, para outorgamento de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– O 17 de xaneiro de 2020, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á citada sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
– O 28 de novembro de 2022 a Dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emite informe segundo o recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, onde se indica cumprimento da distancia mínima de 500 m dos aeroxeradores a núcleos de poboación.
– Con data 23 de decembro de 2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente completo para continuar coa súa tramitación.
As instalacións incluídas no proxecto descríbense a continuación:
Solicitante/promotor: Adelanta Corporación, S.A., NIF A-32015547.
Domicilio social: Parque de San Lázaro, nº 7, planta 1, 32003 Ourense.
Denominación do proxecto: proxecto técnico parque eólico Muruás.
Situación: concellos de Muras e Ourol (Lugo).
Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Muras II.
Potencia instalada: 22,4 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.
Produción neta anual estimada: 72.104 MWh/ano.
Orzamento total (execución material): 13.346.465 €.
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:
Vértice |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
Concello |
|
UTM-X |
UTM-Y |
||
1 |
603.400 |
4.821.000 |
Ourol |
2 |
604.800 |
4.821.000 |
Ourol |
3 |
604.800 |
4.818.800 |
Muras |
4 |
603.400 |
4.818.800 |
Muras |
Coordenadas de localización dos aeroxeradores:
Nº do aeroxerador |
ETRS89 (fuso 29) |
Concello |
|
UTM-X |
UTM-Y |
||
1 |
604.081 |
4.820.605 |
Muras |
2 |
604.124 |
4.819.895 |
Muras |
3 |
604.083 |
4.819.416 |
Muras |
4 |
604.415 |
4.819.153 |
Muras |
Coordenadas das esquinas que conforman o centro de seccionamento e Medida:
Vértices envolvente |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
Concello |
|
UTM-X |
UTM-Y |
||
A |
604.060,43 |
4.819.393,56 |
Muras |
B |
604.064,38 |
4.819.394,05 |
Muras |
C |
604.065,57 |
4.819.384,44 |
Muras |
D |
604.061,62 |
4.819.383,95 |
Muras |
Características técnicas principais das instalacións:
– Catro (4) aeroxeradores Vestas V150 de potencia nominal 5,6 MW, con un diámetro de rotor de 150 m e altura de buxa 105 m.
– Catro (4) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 7.000 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,72/30kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.
– Rede colectora soterrada, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV con condutores tipo UNE RHZ1 18/30 que unen os aeroxeradores entre si e co centro de seccionamento e medida do parque, os cables de fibra óptica para comunicacións e os cables de terra.
Centro de seccionamento e medida que consiste nun edificio prefabricado normalizado que non require obra civil in situ. Os principais elementos integrantes do centro de seccionamento e medida son:
– Celas 30 kV para medida, seccionamento e protección de liña de E/S de circuítos. Illadas en SF6. 630/1200A.
– Cela de medida con transformador de intensidade e tensión.
–Cela de servizos auxiliares.
– Armario de contadores para medida, armario rectificador-cargador e armario de servizos auxiliares.
– Cadro de control:
– Armario de comunicacións.
– Sistema de posta á terra en anel.
– Obra civil consistente en rede viaria de acceso ao parque e os aeroxeradores, cimentacións e plataformas dos aeroxeradores, gabias para tendido de cablaxe de media tensión, comunicacións e rede de terras e obras auxiliares.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Obxecto da información pública.
A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, PIA) das instalacións.
Documentación que se expón:
– Proxecto de execución (asinado o 14.7.2022).
–Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 14.7.2022).
– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, PIA) (Asinado 14.7.2022).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04), así como nos concellos de Muras e Ourol (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/muruas
Lugo, 18 de xaneiro de 2023
Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo