Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Melón de Abaixo, SAT nº 1161 Xuga, procedeuse á cancelación de oficio con data do 16 de marzo de 2018.

b) Finca El Pilar, SAT nº 868 Xuga, procedeuse á cancelación de oficio con data do 27 de outubro de 2022.

c) Finca A Cortiña, SAT nº 1180 Xuga, cancelada por transformación da entidade en O Carrizal Sama, S.L., por o acordo aprobado na asemblea xeral do 30 de agosto de 2022, celebrada ante notario.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias