Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS614B (expediente 2021/385 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázanse para seren notificadas as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta xefatura territorial no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de novembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS614B

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

BS614B 2021/385

76357243A

Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento

16.11.2021

BS614B 2021/410

33087129L

Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento

16.11.2021