Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2023 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Bemajo.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Bemajo e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 20 de decembro de 2022, Laura Otero Iglesias solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Bemajo.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Laura Otero Iglesias (***5284**), María Asunción Otero Iglesias (***4412**) e María Carmen Otero Iglesias (***6032**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Bemajo.

Situación:

Cuadrícula nº: 104.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 24.6.1994.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Laura Otero Iglesias (***5284**).

Novas titulares: Laura Otero Iglesias (***5284**), María Asunción Otero Iglesias (***4412**) e María Carmen Otero Iglesias (***6032**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. As novas titulares da concesión quedan subrogadas nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de xaneiro de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 7.4.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica