Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2023 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, do contrato administrativo de mellora da rede de saneamento na parroquia de Irixoa, Irixoa (A Coruña) (expediente OH.315.1141).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).

4. Código NUTS do lugar principal das obras: ES111 Irixoa (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora da rede de saneamento na parroquia de Irixoa, Irixoa (A Coruña). Clave de expediente: OH.315.1141.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 229.192,74 euros. Importe total: 277.323,22 euros.

8. Valor estimado do contrato: 229.192,74 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 15 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 10 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), programa de construción da obra (ponderación 8 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 7 de xullo de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 11.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 11.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 28 de xullo de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou no seu caso UTE: BCNOR Gestión y Soluciones Avanzadas, S.L.

14.2) NIF: B15840861.

14.3) Enderezo: r/ Alcalde Electo Carballo, 19A, 15174 Culleredo (A Coruña).

14.4) Código NUTS: ES111.

14.5) Teléfono: 687 94 25 05.

14.6) Fax: 881 88 30 16.

14.7) Correo electrónico: bcnor@bcnor.es

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 214.962,05 euros. Importe total: 260.104,08 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación financiarase ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4: apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5: mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

A Axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise propostas na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do Fondo de Recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 6 de outubro de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 7 de xullo de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 29 de xullo de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 5 de agosto de 2022.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file