De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 12 de xaneiro de 2023, mediante a Resolución da Alcaldía número 50/2023 foi aprobado o proxecto de obras do proxecto básico e de execución da ampliación da vía en Suevos, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Abad Blanco (con núm. de colexiado 1877) e pola enxeñeira de camiños Raquel Vázquez Seoane (con núm. de colexiada 25552) e, inicialmente, o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do proxecto aprobado.
Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter á información pública por período dun mes o referido proxecto mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio, como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.
A relación dos bens e dereitos afectados é a seguinte:
Núm. |
Ref. catastral |
Titularidade |
Elemento |
Sup. total (m2) |
Exprop. def. (m2) |
1 |
15005A088002100000PL |
Zas, Dolores |
Solo |
623 |
11 |
2 |
15005A088002090000PF |
Gestal Sánchez, María Carmen Gestal Sánchez, Juana Gestal Sánchez, Olga Gestal Sánchez, José Antonio Gestal Sánchez, María del Mar |
Solo |
334 |
8 |
Almacén tipo hórreo |
20 |
20 |
|||
3 |
001310500NH49G0001IR |
Souto Pintor, Águeda, Hdos. de Lorenzo Vázquez, Rogelio Souto Couso, María de los Ángeles |
Solo |
152 |
13 |
4 |
15005A088001410000PY |
Souto Pintor, Águeda, Hdos. de Lorenzo Vázquez, Rogelio Souto Couso, María de los Ángeles |
Solo |
561 |
9 |
5 |
15005A088004200001AX |
Concello de Arteixo |
Solo |
139 |
139 |
6 |
15005A088004210001AI |
Souto Lorenzo, Modesto |
Solo |
171 |
7 |
7 |
15005A088004220001AJ |
Doval Vázquez, José Manuel |
Solo |
104 |
11 |
8 |
15005A088004230001AE |
Hros. de Ferreiro Méndez, José |
Solo |
37 |
25 |
9 |
15005A088004140001AK |
Rodríguez Vázquez, Susana Sánchez Martínez, Manuel |
Solo |
130 |
6 |
10 |
15005A088001890001AO |
Sande Martínez, José Luis Sande Martínez, Isidro Sande Martínez, María Olga |
Solo |
34.258 |
7 |
Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben tentada esta non se puidese efectuar, sirva esta de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 13 de xaneiro de 2023
O alcalde
P.D. (Decreto 1/2023, do 2 de xaneiro)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano