Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9804

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da convocatoria das bases específicas que teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso como funcionario/a de carreira, pola quenda de concurso-oposición, a unha praza de oficial/a da Policía local, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e auxiliares, escala básica do subgrupo C1.

Na sesión da Xunta de Goberno Local do día 27 de decembro de 2022 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases específicas que teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso como funcionario de carreira, pola quenda de concurso-oposición, a unha praza de oficial da Policía local de Lalín, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e auxiliares, escala básica do subgrupo C1.

As presentes bases publicáronse no BOPPO núm. 11, do 17 de xaneiro de 2023, e publicarase así mesmo un anuncio delas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras atópanse publicadas no Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra nº 11, na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 17 de xaneiro de 2023

José Crespo Iglesias
Alcalde