Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9805

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO das bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1) da escala da Administración xeral como funcionario/a de carreira.

Na sesión da Xunta de Goberno Local do día 20 de decembro de 2022 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1) da escala da Administración xeral como funcionario de carreira.

As presentes bases publicáronse no BOPPO núm. 11, do 17 de xaneiro de 2023, e publicarase así mesmo un anuncio delas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras atópanse publicadas no Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra nº 11, na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 17 de xaneiro de 2023

José Crespo Iglesias
Alcalde