Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9806

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Petín

ANUNCIO da convocatoria e das bases de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 293, do 24 de decembro de 2022, e na corrección de erros publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 298, do 30 de decembro de 2022, convocáronse os procesos selectivos e publicáronse integramente as bases para a estabilización do emprego temporal de longa duración do Concello de Petín ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso de méritos e concurso-oposición, para a provisión das prazas correspondentes á oferta de emprego público excepcional aprobada polo Decreto da Alcaldía núm. 113, do 19 de maio de 2002 (BOP de Ourense núm. 119, do 26 de maio) e que a continuación se relacionan:

Denominación da praza

Núm. de vacantes

Quenda de acceso

Traballador/a social

1

Concurso. DA 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro

Auxiliar do servizo de axuda no fogar

1

Concurso. DA 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro

Auxiliar administrativo/a

1

Concurso-oposición. Artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro

O prazo de presentación de instancias é de vinte (20) días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Petín, 4 de xaneiro de 2023

Raquel María Bautista Carballo
Alcaldesa presidenta