Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10257

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do acordo de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención dos bens necesarios para a realización do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, da parcela 7267104PH5776N0001HE, para a súa integración na residencia de maiores Residencial Rois da Fonsagrada.

De acordo co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, na súa sesión do 9.12.2022, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, da parcela 7267104PH5776N0001HE, para a súa integración na residencia de maiores Residencial Rois da Fonsagrada.

Así mesmo, acordouse someter á información pública, polo período dun mes, o citado proxecto de expropiación, mediante a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que calquera persoa que resulte interesada poida examinar o expediente e formular as observacións ou alegacións que considere convenientes.

Igualmente, o acordo notificaráselles aos titulares dos bens e dereitos que figuran nel, achegándolles a correspondente folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular as alegacións no prazo dun mes.

Durante o prazo de información pública, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio ou desde o día seguinte ao da correspondente notificación, o proxecto de expropiación, así como o acordo da Xunta de Goberno, estarán dispoñibles para a súa consulta nos seguintes lugares:

Servizo de Expropiacións e Control de Proxectos da Deputación Provincial de Lugo, situado na rolda da Muralla, 140, pavillón 3, 2º andar, 27004 Lugo, os días laborables, en horario das 9.00 ás 14.00 horas. O teléfono de contacto para solicitar cita previa é o 982 26 59 43.

Na sede electrónica da Deputación Provincial de Lugo: https://www.deputacionlugo.gal/temas/infraestructuras/expropiacions/informacion_publica

A relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación é a seguinte:

Nº de predio

Referencia catastral

Titulares

Superficie afectada (m2)

Importe total da expropiación

Bens afectados

1

7267104PH5776N0001HE

Dolores Trashorras Carreira

156

167.209,18 €

Casa unifamiliar de 430 m² construídos totais, formada por planta baixa dedicada a garaxe, portal e escaleiras (155 m²), primeira planta dedicada a vivenda (161 m²) e faiado dedicado a almacén (114 m²). Construción do ano 1945, reformada en 1998, enfuscado exterior, carpintaría exterior de aluminio branco sinxelo, cuberta de lousa, estado de conservación normal

Lugo, 20 de decembro de 2022

O presidente da Deputación
Provincial de Lugo

P.D. (Decreto 26.7.2019)

Pablo Rivera Capón

Deputado delegado de Promoción
Económica e Social

O secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo

P.S.

Leticia Rodríguez Díaz

Xefa do Servizo de Asistencia Xurídica, Técnica e Económica aos Concellos