Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10256

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portas

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos, polo sistema de concurso, correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 249, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos, polo sistema de concurso, correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Portas, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.

Portas, 9 de xaneiro de 2023

Ricardo Martínez Chantada
Alcalde