Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da rúa Fornos, Maianca (expediente 2022/PLANEAM/000027-FG 714).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023000090, do 5 de xaneiro de 2023, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para axuste de aliñación sinalado polo Plan xeral vixente na rúa Fornos (Documento R.E. nº 2022022790, do 16.12.2022).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de xaneiro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente