Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10203

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO do extracto da convocatoria para executar a oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal (artigo 2) e de longa duración (disposición adicional sexta) da Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo número 298, do 30 de decembro de 2022, convocáronse os procesos selectivos e publicáronse integramente as bases xerais e específicas dos procedementos de estabilización de emprego temporal para a provisión das prazas, aprobados mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 29 de decembro de 2022, con corrección de erros aprobada mediante a Resolución da Alcaldía número 2022-0375, do 30 de decembro, publicado no BOP de Lugo número 299, do 31 de decembro de 2022, correspondentes á oferta de emprego público excepcional, aprobada mediante a Resolución da Alcaldía número 2022-0110, do 24 de maio, publicada no BOP de Lugo número 119, do 26 de maio de 2022, ao abeiro da Lei 20/2021:

– Artigo 2: 8 auxiliares de axuda no fogar, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente. Sistema: concurso-oposición.

– Disposición adicional sexta: 1 técnico/a de Administración persoal e emprego (axente de emprego e desenvolvemento local), funcionario/a de carreira, subgrupo A2, xornada completa; 1 traballador/a social (responsable da Unidade de Servizos Sociais e Benestar), funcionario/a de carreira, subgrupo A2, xornada completa; 1 traballador/a social, funcionario/a de carreira, subgrupo A2, xornada completa; 1 arquitecto/a (responsable da Unidade de Servizos Urbanísticos), funcionario de carreira, subgrupo A1, xornada completa; 1 arqueólogo/a, funcionario/a de carreira, subgrupo A1, 80 % xornada; 1 dinamizador/a de cultura e turismo, funcionario/a de carreira, subgrupo C1, xornada completa; 1 dinamizador/a de actividades deportivas, funcionario/a de carreira, subgrupo A2, xornada completa; 1 auxiliar de biblioteca e actividades literarias, funcionario/a de carreira, subgrupo C2, xornada completa; 1 auxiliar de Oficina Municipal de Información á Mocidade, funcionario/a de carreira, subgrupo C2, xornada completa; 1 auxiliar administrativo/a (encargado/a de oficina de apoio administrativo), funcionario de carreira, subgrupo C2, xornada completa; 9 auxiliares de axuda no fogar, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente, xornada completa; 1 auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente, 75 % xornada; 1 socorrista de instalacións acuáticas, persoal laboral fixo descontinuo (3 meses ao ano), subgrupo C2 ou equivalente, xornada completa; 1 director/a psicólogo/a do Centro de Información ás Mulleres, persoal laboral fixo, subgrupo A1 ou equivalente, xornada completa; 1 asesor/a xurídico/a do Centro de Información ás Mulleres, persoal laboral fixo, subgrupo A1 ou equivalente, 25 % xornada; 1 profesor/a superior da Escola Municipal de Música (director/a-profesor/a de violín da Escola Municipal de Música), persoal laboral fixo, subgrupo A1 ou equivalente, 75 % xornada; 1 profesor/a da Escola Municipal de Música (profesor/a de violoncello da Escola Municipal de Música), persoal laboral fixo, subgrupo A2 ou equivalente, 37,50 % xornada; 1 profesor/a superior da Escola Municipal de Música (profesor/a de vento metal da Escola Municipal de Música), persoal laboral fixo, subgrupo A1 ou equivalente, 17,50 % xornada; 1 operario/a de servizos múltiples-encargado/a do albergue, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente, xornada completa; 3 operarios/as de servizos múltiples, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente, xornada completa; 3 operarios/as de servizos múltiples-condutor de obras, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente, xornada completa; 2 oficiais/las de servizos múltiples-condutores/as, persoal laboral fixo, subgrupo C2 ou equivalente, xornada completa; 1 oficial/a de servizos múltiples-condutores/as, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente, xornada completa; 1 operario/a de servizos múltiples condutor/a obras-encargado/a de instalacións deportivas, persoal laboral fixo, grupo AP ou equivalente, xornada completa; 1 operario/a de servizos múltiples-condutor/a de obra-encargado/a do cemiterio, persoal laboral fixo, xornada completa. Sistema: concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Mondoñedo, 31 de decembro de 2022

Manuel Ángel Otero Legide
Alcalde