Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2023 de emprazamento para o trámite de alegacións no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense) (expediente PA-21-02).

De conformidade co disposto no artigo 90.c) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio o emprazamento para o trámite de alegacións no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Cualedro, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Persoas titulares dos predios afectados das que non se puido
determinar a súa identidade

Referencia catastral

Nome e apelidos

32029A503007170000HG

Descoñecido

ANEXO II

Persoas interesadas nas que logo de intentada a notificación
esta non se puido efectuar

Referencia catastral

Nome e apelidos

32029A5******0****HP

Taboada Fernández, Esperanza Concepción

32029A5******1****HL

Taboada Fernández, Esperanza Concepción

32029A5******2****HT

Taboada Fernández, Esperanza Concepción

32029A5******6****HS

Toro Rúa, Sara

32029A5******7****HZ

Taboada Fernández, Esperanza Concepción

32029A5******8****HU

Casas Sanmamed, Concepción

32029A5******1****HU

Fernández Rúa, Remedios

32029A5******1****HU

Fernández Rúa, Isaac

32029A5******1****HU

Fernández Rúa, Luis

32029A5******2****HH

Feijoo Atanes, Antonio

32029A5******2****HH

Feijoo Atanes, María del Carmen

32029A5******6****HM

González Morales, Natalia

32029A5******0****HR

Carnero Salgado, Manuel

32029A5******1****HD

Fernández Rúa, Remedios

32029A5******1****HD

Fernández Rúa, Isaac

32029A5******1****HD

Fernández Rúa, Luis

32029A5******2****HH

Carnero Fernández, María de los Ángeles

32029A5******8****HQ

Martínez García, Elena

32029A5******8****HQ

Martínez García, Manuel

32029A5******2****HP

Fernández Losada, Rocío

32029A5******3****HL

Airas Medeiros, Araceli

32029A5******7****HO

González Pérez, José Luis

32029A5******9****HT

Fernández Gómez, Antonio