De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio o requirimento de emenda relativo ao procedemento de solicitude de arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023
Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente |
Procedemento |
DNI/CIF |
Acto que se notifica |
20141500411-2021-11149 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia |
52938062C |
Requirimento de emenda da solicitude de arrendamento |