Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia na tramitación de expedientes de potencial vitícola MV3220221849 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa eficacia quedará supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 13 de xaneiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

MV/32/2022/1849

34720774C

Desistencia da solicitude

AV/32/2022/190

76724732K

Autorización arrinca viña

RV/32/2022/303

76723053K

Autorización plantación viña