Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10007

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).

O Regulamento nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), fixa os obxectivos a que debe contribuír a política de desenvolvemento rural e as correspondentes prioridades da Unión en materia de desenvolvemento rural.

No marco xeral da PAC, a axuda ao desenvolvemento rural contribuirá, entre outros obxectivos, a lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego. Este obxectivo enmárcase dentro da prioridade relativa ao fomento da inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais, facendo especial fincapé en facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

Neste contexto, o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), así como en actos modificativos posteriores, prevé na ficha correspondente á submedida 6.4, subvencións a investimentos en actividades non agrícolas, dirixidos a empresas que desenvolven a súa actividade no medio rural, como unha oportunidade de fixar poboación (promovendo o mantemento e, de ser o caso, a creación de novos postos de traballo) e co fin de mellorar a competitividade das zonas rurais, fomentar a diversificación económica e o equilibrio territorial e a sustentabilidade do medio rural, tanto en termos sociais como económicos, incidindo directamente na área focal 6A.

O Regulamento (UE) nº 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello, prorrogou a duración do período de programación 2014-2020 ata o 31 de decembro de 2022 e ofreceu aos Estados membros a posibilidade de financiar os seus programas de desenvolvemento rural prorrogados con cargo á asignación orzamentaria correspondente dos anos 2021 e 2022. Neste marco, a Decisión de execución da Comisión, do 17.6.2021, pola que se aproba a modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para efectos da concesión de axudas do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e se modifica a Decisión de aprobación antes referida, prevé a prórroga do PDR de Galicia 2014-2020 con cargo á asignación orzamentaria correspondente para os anos 2021 e 2022 e, no que a este caso afecta, dispón un incremento do importe programado na medida 6.4 para o financiamento de proxectos en actividades non agrícolas.

Igual que en exercicios precedentes, no marco do PDR de Galicia 2014-2020, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) configúrase como unha entidade xestora da submedida 6.4.

Esta atribución competencial é coherente coa natureza desta entidade, nos termos definidos no artigo 6 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia (DOG núm. 94, do 21 de maio). De acordo con esta regulación, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural configúrase como unha axencia pública autonómica, nos termos previstos na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Comunidade Autónoma de Galicia, e actúa como instrumento básico na promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos seus habitantes e de evitar a súa despoboación a través, entre outras, das medidas de recuperación da terra agroforestal de Galicia.

A principal motivación desta lei é loitar contra o abandono e a infrautilización das terras e facilitar base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan, á vez que procurar anticiparse aos incendios e traballar, en definitiva, pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación no rural.

Entre os mecanismos para a recuperación da terra agraria, a Lei 11/2021 configura as aldeas modelo, definidas como o instrumento voluntario de recuperación de terras mediante a realización de actuacións integradas para a recuperación da capacidade agronómica das terras circundantes a núcleos de poboación e asentamentos poboacionais situados no territorio rural galego, co fin de promover actividade económica ligada ao sector primario ao tempo que reducir o risco de incendios forestais. As actuacións poderán abranguer todo ou parte do núcleo rural da aldea co obxecto da súa rehabilitación e recuperación arquitectónica e urbanística, con fins residenciais, de interese turístico, de transformación ambiental ou outros análogos que propicien a recuperación demográfica e a mellora da calidade de vida da súa poboación.

Nos termos previstos no artigo 79 deste texto legal, nas aldeas modelo procurarase a recuperación da actividade económica e social dos terreos de antigo uso agrícola, gandeiro e forestal circundantes á aldea, e particularmente daqueles que se encontren en situación de abandono e infrautilización, así como dos núcleos incluídos nelas, co obxectivo de permitir a súa recuperación demográfica e a mellora da calidade de vida da súa poboación.

Neste contexto, cómpre tramitar un novo procedemento de concesión de axudas que, por un lado, dea continuidade ás liñas de axuda tramitadas en anos anteriores no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, co fin de promover proxectos destinados á adquisición de bens de equipamento en empresas existentes que desenvolvan as súas actividades en ámbitos non agrícolas, nunha decidida aposta pola ampliación e modernización do sector produtivo no medio rural e, por outro lado, promova a posta en marcha de novas actividades empresariais en sectores non agrícolas nas aldeas modelo declaradas en virtude dos acordos do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ao abeiro da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, ou ao abeiro da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Para estes últimos proxectos, atendida a experiencia que resulta da xestión en anos anteriores, así como a complexidade de todo o proceso necesario para pór en marcha un novo proxecto empresarial, cómpre considerar un prazo de execución máis amplo e trasladar a xustificación final dos investimentos subvencionados á anualidade 2024.

A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2023.

Esta convocatoria de axudas está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural nunha porcentaxe do 75 %.

Desde o punto de vista da normativa de Estado de axudas públicas, está amparada no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DO L 352, do 24 de decembro).

Tendo en conta o anterior, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013; DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, que se xuntan a esta resolución como anexo I, co código de procedemento administrativo MR708A.

2. Convocar para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

3. Aprobar os anexos que se xuntan a esta resolución para a xestión da convocatoria.

Artigo 2. Financiamento

1. Para o financiamento desta convocatoria está previsto un crédito de 3.400.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 14-A1-712A-770.0 dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2023 (código de proxecto 2016-00004), coa seguinte distribución por anualidades e tipoloxía de proxectos:

Tipoloxía de proxectos

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Importe total

Proxectos de adquisición de bens de equipamento en empresas existentes

2.650.000 €

0 €

2.650.000 €

Proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo

300.000 €

450.000 €

750.000 €

2.950.000 €

450.000 €

3.400.000 €

Segundo o número de solicitudes presentadas e resoltas para cada tipoloxía de proxecto, no suposto de que exista remanente de crédito asignado nalgunha delas, poderá redistribuírse o crédito entre ambas co obxecto de atender o maior número de actuacións, baixo a perspectiva da eficiencia na asignación dos recursos públicos.

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (no marco da medida 6, submedida 4, Investimentos en actividades non agrícolas, do PDR de Galicia 2014-2020), nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 17,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Esta convocatoria de axudas tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2023, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente. Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. As contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevé o artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, e o aludido incremento de contía débese publicar no DOG.

Artigo 3. Prazo para presentar as solicitudes de axuda

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Artigo 4. Obriga de relacionarse electronicamente

Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas incluídas no réxime especial de traballadores autónomos, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 10.1 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Tendo en conta o anterior, tanto a presentación das solicitudes de axuda como os demais trámites necesarios para a xestión deste procedemento administrativo, incluídos os requirimentos de emenda e as notificacións, faranse a través de medios electrónicos, nos termos previstos nas bases reguladoras das correspondentes axudas.

Artigo 5. Prazo para a xustificación dos investimentos

Para todas as tipoloxías de proxectos subvencionables, o prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2023 será o 15 de setembro de 2023.

No caso de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, o prazo para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2024 será o 1 de agosto de 2024. A esta xustificación poderán imputarse, igualmente, os gastos executados desde a finalización do prazo de xustificación correspondente á anualidade 2023.

Disposición adicional primeira. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Se, transcorrido o prazo para resolver, non lle é notificada a resolución á persoa interesada, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición contra a desestimación por silencio administrativo en calquera momento, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, como sinala o artigo 124 da Lei 39/2015, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela.

Disposición adicional segunda. Información sobre o procedemento

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: https://agader.xunta.gal/

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

c) No teléfono 981 54 73 69 (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).

d) De xeito presencial, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 69.

Disposición adicional terceira. Información ás persoas interesadas

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020

CAPÍTULO I

Regras xerais

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto destas bases reguladoras é establecer o réxime das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á:

– Adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.

– Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas en aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación destas bases reguladoras.

Para estes efectos, o día da publicación no DOG da correspondente convocatoria de axudas estará dispoñible no enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda) a relación de aldeas modelo declaradas polos correspondentes acordos do Consello de Dirección da Axencia, ao abeiro da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, ou ben ao abeiro da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

2. As axudas consisten en subvencións directas de capital.

O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos no artigo 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).

3. O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR708A.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:

a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2022.

No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo admitiranse empresas en constitución ou constituídas con posterioridade á data anteriormente sinalada, debendo, en todo caso, estar constituídas con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.

As empresas deberán ter a súa razón social ou ben un centro de traballo no territorio elixible, nos termos establecidos no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2022.

No caso de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, admitiranse novas altas no réxime especial de traballadores autónomos con posterioridade á data antes sinalada, debendo, en todo caso, darse de alta no réxime especial de traballadores autónomos con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

Para estes efectos considerarase zona rural todo o territorio de Galicia, con excepción das parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). No enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda, estará dispoñible a relación de zonas densamente poboadas (ZDP).

c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

No caso de persoas físicas, deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2022. No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da citada data.

No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, admitiranse novas altas no réxime especial de traballadores autónomos ou ben a constitución de persoas xurídicas, con posterioridade á data antes sinalada, debendo, en todo caso, darse de alta no réxime especial de traballadores autónomos con anterioridade á data de xustificación correspondente ao exercicio 2023.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

2. Non poderán ser beneficiarias das axudas:

– As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

– As empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura, nin as que están dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

– As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.

3. Para o exercicio da súa actividade, as persoas solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes e cumprir con calquera outro requisito exixido polas disposicións aplicables.

Artigo 3. Proxectos subvencionables

1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos destinados á:

a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.

3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.

4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).

5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

6º. Artesanía e actividades artesanais.

7º. Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

8º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

9º. Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

b) Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación da correspondente convocatoria destas axudas, nos mesmos sectores e ámbitos de actividade sinalados na letra a) do número 1 deste artigo.

2.Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente o solicitante, se esta data é anterior.

Só no caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, o persoal técnico da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural comprobará que os investimentos non están iniciados mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude de axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar un acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, instalación ou equipamento.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia.

Non obstante o anterior, non serán subvencionables os proxectos que se desenvolvan nas parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016).

No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades nas aldeas modelo declaradas polo órgano de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, os proxectos subvencionables serán aqueles que se desenvolvan no perímetro que conforma a zona de actuación integral de cada unha delas, segundo figura nos correspondentes acordos de declaración. De ser o caso, o territorio elixible abranguerá os núcleos de poboación que, estando situados fóra do perímetro que delimita a aldea modelo, lle dean nome e sexan lindeiros co propio perímetro da aldea

c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se lles concedeu a axuda.

d) Que sexan viables técnica e financeiramente.

e) Que se axusten á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto, así como ás especificacións indicadas nas presentes bases.

f) No caso de proxectos de adquisición de bens de equipamento para mellorar, ampliar ou modernizar as empresas existentes, o investimento proxectado deberá mellorar o rendemento global da empresa solicitante.

Para estes efectos, deberá acadar algún dos seguintes obxectivos:

1º. Aumentar a competitividade da empresa.

2º. Reducir os custos.

3º. Aumentar o valor engadido.

4º. Reducir o impacto ambiental.

5º. Mellorar a rastrexabilidade e seguridade das producións.

6º. Diversificar as producións e/ou os mercados.

7º. Mellorar a calidade das producións.

8º. Implantar novos produtos, procesos ou tecnoloxías.

9º. Mellorar a comercialización das producións.

Para acreditar isto, na memoria resumo do proxecto (anexo III) deberase xustificar expresamente e de forma razoada en que medida os investimentos contribúen a acadar algún dos obxectivos sinalados.

g) As persoas solicitantes poderán presentar como máximo un proxecto ao abeiro desta convocatoria.

h) Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000 € e/ou superior a 220.000 €.

No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

Os límites indicados nesta epígrafe non se aplicarán no caso de proxectos promovidos en aldeas modelo, tanto para proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais como para aqueles outros de mellora, ampliación e/ou modernización mediante a adquisición de bens de equipamento.

i) Nos proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo será necesario acreditar a xeración de emprego, cando menos, equivalente a 0,5 UTA.

Para os efectos do disposto nestas bases reguladoras, e nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, unha UTA equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA.

A xeración de emprego obrigatoria nos termos expostos non será obxecto de baremación ao abeiro do artigo 16.1.V destas bases reguladoras.

Artigo 4. Investimentos subvencionables

1. Con carácter xeral, será subvencionable a compra de bens de equipamento novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

2. Ademais, e só para os proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais nas aldeas modelo, serán subvencionables os seguintes gastos:

a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non poderá superar o 50 % do total dos gastos subvencionables.

Deberán cumprirse os condicionantes seguintes:

– Que se xunte un informe dun taxador independente, acreditado como tal, cualificado ou dun organismo debidamente autorizado que confirme que o prezo de compra non supera o valor do mercado e que o ben se axusta á normativa que resulte de aplicación. De ser o caso, a taxación deberá diferenciar o valor da edificación e o valor do terreo ou parcela en que se asente.

– O ben inmoble non pode ter sido obxecto nos últimos 10 anos de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

– Os edificios quedarán afectos ao destino previsto durante un período non inferior a 5 años ou o tempo que exixa a normativa sectorial.

– Non será subvencionable a compra de inmobles que vaian ser derrubados nin a compra de inmobles a familiares de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, ou a socios da entidade beneficiaria do proxecto.

– O inmoble deberá constituír o elemento principal da adquisición. Non se considerará que a edificación constitúe o elemento principal cando o valor de mercado do solo exceda o valor de mercado da edificación.

b) Os custos xerais vinculados aos gastos anteriores en concepto de honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, ata o límite do 12 % do total dos gastos subvencionables.

c) Gastos de constitución (notariais, rexistrais e administrativos) derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.

3. Non serán subvencionables:

a) Material funxible en xeral.

b) Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

c) Maquinaria agrícola e/ou forestal.

d) A reposición ou simple substitución de bens de equipamento existentes, salvo que a nova adquisición supoña unha mellora tecnolóxica ou ambiental que deberá xustificarse na memoria resumo do proxecto (anexo III).

e) Equipamentos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten e, en xeral, os equipamentos e instalacións vinculados coa enerxía xeotérmica, aerotérmica e fotovoltaica, agás nos casos de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo.

f) Traídas e acometidas de servizos.

g) Adquisición de bens de equipamento e materiais de segunda man.

h) Adquisición de bens de equipamento destinados ao alugamento.

i) Equipamentos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.

j) Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k) A compra de vehículos de transporte exterior, de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.

l) Instalacións, mobiliario, útiles e ferramentas. Non obstante o anterior, no caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, será subvencionable o mobiliario, con excepción do mobiliario de oficina, naqueles casos en que resulte necesario para a posta en marcha da actividade empresarial.

m) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n) Investimentos non relacionados directamente coa actividade empresarial desenvolvida pola entidade solicitante.

o) Os gastos de alugamento de instalacións e equipamentos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

p) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.

q) Adquisición de terreos.

r) As taxas por licenzas administrativas.

s) O imposto sobre o valor engadido (IVE), así como calquera outro imposto.

t) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

u) Os xuros debedores.

v) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como «outros» ou partidas a tanto global.

w) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda, con excepción dos custos xerais vinculados ao investimento, indicados no artigo 4.2.b) destas bases reguladoras.

Artigo 5. Intensidade da axuda

1. A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

2. As axudas concedidas ao abeiro desta resolución están amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L 352, do 24 de decembro), referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

De acordo co artigo 3 desa norma, o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 3 do citado regulamento.

No caso de empresas que operan no sector do transporte de mercadorías por estrada, o citado límite non excederá 100.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Artigo 6. Compatibilidade e acumulación de axudas

1. Unha operación poderá recibir axuda de un ou de varios fondos EIE ou de un ou de varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto. En particular, as axudas que se concedan ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con aqueloutras que poidan recibir os beneficiarios no marco das convocatorias de axudas que xestiona o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) no marco da medida 6.2 do PDR de Galicia 2014-2020.

2. Á marxe do anterior, as subvencións reguladas nestas bases serán compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo proxecto ou finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade, procedentes doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da LSG, ou os límites aplicables segundo a normativa de axudas de Estado.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

4. Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a persoa beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo II) e na solicitude de pagamento (anexo IX).

Artigo 7. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015).

2. A notificación practicarase do seguinte xeito:

a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilita no formulario de solicitude de axuda un aviso en que se lle indica a posta á súa disposición da notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

b) Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/empresas2023

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CAPÍTULO II

Presentación das solicitudes e documentación complementaria

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.

Dentro do prazo establecido na convocatoria as persoas interesadas deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/empresas2023

Para poder presentar a solicitude é imprescindible que a persoa solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

2. Para poder presentar a solicitude será necesario seguir os seguintes pasos:

a) Darse de alta na aplicación informática para a xestión das axudas. O nome de usuario será o NIF da persoa solicitante e o contrasinal será o determinado por esta.

b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 destas bases reguladoras, en función do tipo de solicitante e tipoloxía do proxecto de que se trate.

c) Unha vez cuberto o formulario, a persoa solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.

No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación, e xerará de forma automática os anexos II (solicitude de axuda), III (memoria resumo do proxecto), IV (cadro do orzamento) e V (relación de ofertas). A publicación no DOG dos citados anexos ten carácter puramente informativo.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

4. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 73 69, e o enderezo de correo electrónico subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Os anexos III (memoria do proxecto), IV (orzamento) e V (relación de ofertas solicitadas) debidamente cubertos e xerados a través da aplicación informática.

b) Documentos acreditativos da personalidade e, de ser o caso, da representación do solicitante:

No caso de persoas xurídicas, certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia. De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

No caso de que as persoas físicas actúen a través de representante, deberán xuntar, debidamente cuberto, o anexo VI (autorización de representación), asinado pola persoa solicitante e pola designada como representante.

No caso de persoas xurídicas só se admitirá por válida a representación que se acredite nos termos documentais sinalados (certificación expedida polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, ou ben mediante as correspondentes escrituras notariais do poder de representación).

c) Documentación acreditativa dos compromisos de emprego:

1º. Certificación ou informe expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, acreditativo de todos os códigos conta de cotización da empresa, correspondentes aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

2º. Informe de vida laboral da/das conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

3º. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

d) Tres orzamentos ou facturas pro forma, correspondentes a distintos provedores, para cada un dos gastos propostos, nos termos previstos no artigo 11 destas bases reguladoras.

No caso de execución de obra civil en proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, os orzamentos ou facturas pro forma achegados deberán presentarse desagregados e valorados polos contratistas ata o nivel de capítulo e unidades de obra, debendo existir concordancia entre os capítulos e as unidades de obra recollidas no proxecto técnico ou memoria valorada e as desagregadas nos diferentes orzamentos. En ausencia do anterior, será suficiente que a oferta recolla de forma inequívoca a identificación do proxecto de execución ou memoria valorada sobre a cal se emite o orzamento.

e) No caso de persoas xurídicas, declaración do imposto sobre sociedades (modelo 200), correspondente ao exercicio 2021.

f) No caso dos membros dunha unidade familiar agraria, referidos no artigo 2.1.c) destas bases reguladoras, acreditación do grao de parentesco coa persoa titular.

g) De ser o caso, documentación acreditativa do grao de discapacidade da persoa solicitante, no caso de que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 16.1.II.c) destas bases reguladoras).

h) De ser o caso, a declaración censual da alta –modelo 036 ou 037– (artigo 16.1.IV.b) destas bases reguladoras).

i) De ser o caso, documentación acreditativa da contratación de persoas con discapacidade (artigo 16.1.V.c) destas bases reguladoras).

j) De ser o caso, as certificacións expedidas por unha entidade de certificación acreditada na ENAC, e/ou acreditación de que dispón da Marca galega de excelencia en igualdade (artigo 16.1.VIII destas bases reguladoras).

k) No caso de proxectos de adquisición de bens de equipamento en empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou, de ser o caso, acreditación da presentación da comunicación previa con toda a documentación requirida nos termos establecidos no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

A acreditación realizarase mediante a toma en razón ou consideración da comunicación previa por parte do órgano competente do concello, ou ben mediante unha certificación emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal.

l) No caso de proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo:

– Acreditación da titularidade ou dispoñibilidade dos terreos ou inmobles onde se van executar as obras.

– Proxecto técnico de execución ou, se é o caso, anteproxecto de obra ou memoria valorada, asinados por persoal técnico competente, que permita unha definición exacta do proxecto que se vai executar e do seu custo. Necesariamente deberá incluír un capítulo de «orzamento e medicións», coa desagregración a nivel de capítulos, unidades de obra, medicións e importes.

– De ser o caso, certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público autorizado, que acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado, cando o proxecto comporte a adquisición de inmobles.

m) Calquera outra documentación adicional que a persoa interesada considere conveniente para a correcta avaliación e baremación do proxecto.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Cada arquivo individual non poderá superar os 5 MB. No caso de que un documento ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) Datos de residencia con data de última variación padroal.

e) Certificado de renda (IRPF) correspondente ao exercicio fiscal 2021 da persoa física solicitante.

f) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.

h) Certificado acreditativo de non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

i) Concesións de subvencións e axudas.

j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Concesións pola regra de minimis.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade, no caso de que fose recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 16.1.II.c) das bases reguladoras).

3. No caso de que as persoas interesadas se opoña a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso das persoas interesadas para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Moderación de custos

1. Os custos deberán corresponder a prezos de mercado. Débese respectar a moderación de custos, tal como establece o artigo 48 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

2. Para todos os gastos incluídos na solicitude da axuda -con excepción da adquisición de inmobles, así como dos gastos previstos no artigo 4.2.b) e c) destas bases reguladoras-, deberanse solicitar e presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contracción do compromiso de que se trate, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada expresamente no anexo V, con indicación:

a) Das características dos gastos que fixeron imposible a localización dun mínimo de tres ofertas.

b) Dunha explicación de como se realizou a busca dos provedores.

Nestes casos, deberá achegarse, ademais, un informe dun taxador, dun perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se admitirán certificados, informes, invitacións realizadas ou documentos similares indicando que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance.

3. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente cando esta non recaia na oferta máis económica. A xustificación deberá ser, en todo caso, motivada. No caso de que non se xustifique debidamente, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta máis económica.

4. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables, e os bens ofertados deberán ser homologables en características, capacidades e/ou funcionalidades, independentemente de que o fabricante ou o modelo non sexa o mesmo nas ofertas presentadas.

No caso de dúbida, poderáselle requirir á persoa beneficiaria que achegue un informe asinado por un técnico competente acreditativo deste aspecto.

As ofertas que se presenten deberán cumprir cos requisitos formais e materiais establecidos a seguir:

a) Elementos materiais: deberán conter unha descrición detallada dos conceptos ofertados, con indicación da marca e modelo ou, de ser o caso, cunha descrición das súas características técnicas. No caso de que as ofertas presentadas conteñan varios elementos, deberá individualizarse o prezo de cada un deles.

b) Elementos formais: deberán indicar a data de expedición e identificar tanto a razón social do provedor (incluíndo, de ser o caso, o selo ou logo da empresa) como o destinatario, que deberá coincidir coa persoa ou entidade solicitante da axuda.

5. As ofertas deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social no momento da emisión da oferta a fabricación ou subministración do ben de que se trate.

As ofertas solicitadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre si, ou ben entre elas e a persoa ou entidade solicitante, nos termos previstos na lexislación de contratos.

Non se admitirán ofertas de compracencia ou ficticias.

6. Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan os indicados requisitos, o que dará lugar á exclusión como subvencionable do pretendido gasto.

Artigo 12. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO III

Instrución do procedemento

Artigo 13. Instrución do procedemento

1. Os actos de instrución do procedemento en virtude dos cales deba ditarse a resolución de concesión competerán á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

2. En relación coa solicitude da axuda, o órgano instrutor comprobará que a operación cumpre as obrigas establecidas pola normativa da Unión Europea, a lexislación nacional e o Programa de desenvolvemento rural, entre elas as relativas ás axudas estatais e demais normas e requisitos obrigatorios. En particular, verificarase:

a) A admisibilidade da persoa beneficiaria.

b) A admisibilidade da operación proposta.

c) A elixibilidade dos investimentos propostos.

d) O cumprimento dos criterios de selección de operacións

e) A verificación da moderación dos custos propostos.

f) A localización do investimento en territorio elixible.

3. Logo da presentación da solicitude da axuda e durante a instrución do procedemento, non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se solicita axuda que supoña o incremento do seu importe, nin a inclusión de novos elementos ou gastos.

4. Na fase de instrución do procedemento realizaranse visitas ao lugar da operación para comprobar que esta non está iniciada, segundo o previsto no artigo 3.2.a) destas bases reguladoras. Así mesmo, e en relación cos proxectos de adquisición de bens de equipamento en empresas existentes, poderá realizarse unha visita previa ao lugar da operación, para os efectos de verificar a admisibilidade do proxecto.

5. De ser o caso, durante a instrución do procedemento a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá solicitar os informes sectoriais de ámbito autonómico que se consideren necesarios para asegurar a viabilidade dos investimentos subvencionados. En particular, tratándose de investimentos turísticos observarase o disposto no Acordo de colaboración asinado o 17 de xuño de 2016 entre a Axencia Turismo de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a coordinación de actuacións públicas con incidencia no sector turístico promovidas no territorio de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 14. Emenda da solicitude

1. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requiriralle á persoa interesada que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de facenda.

2. As notificacións do requirimento de emenda efectuarase por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 7 destas bases reguladoras.

3. A documentación a que se refire a emenda presentarase de forma electrónica a través do enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/empresas2023, utilizando a aplicación informática habilitada para a xestión destas axudas.

4. Co fin de completar a instrución do procedemento, poderá requirírselle á persoa solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

5. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda deberán ser realizados electronicamente accedendo á aplicación informática habilitada para a xestión das axudas, accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/empresas2023

Artigo 15. Baremación das solicitudes

Unha vez revisadas as solicitudes de axuda e practicadas as emendas, as áreas dependentes do órgano instrutor valorarán aquelas que reúnan todos os requisitos e conten coa documentación necesaria. A valoración realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta os datos e a documentación achegada pola persoa solicitante e segundo os criterios de selección de operacións previstos no artigo seguinte.

Excluiranse os proxectos que, logo da súa baremación de acordo cos criterios aplicables, obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos, ao considerarse que non acadan os niveis mínimos de viabilidade e cobertura dos obxectivos das presentes bases.

Artigo 16. Criterios de selección de operacións

1. Para a selección dos proxectos deberán aplicarse os seguintes criterios:

I. En función da localización do proxecto, ata un máximo de 25 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

a) Taxa de evolución interanual de poboación do concello, segundo datos do IGE para o período 1999-2021, ata un máximo de 5 puntos, de acordo cos seguintes tramos:

– Concellos cunha caída de poboación igual ou superior ao 30 %: 5 puntos.

– Concellos cunha caída de poboación igual ou maior ao 20 % e menor do 30 %: 4 puntos.

– Concellos cunha caída de poboación igual ou maior ao 10 % e menor do 20 %: 3 puntos.

– Concellos con caída de poboación menor do 10 %: 2 puntos.

– Concellos con incremento de poboación igual ou menor ao 25 %: 1 punto.

– Concellos con incremento de poboación superior ao 25 %: 0 puntos.

b) Renda familiar dispoñible por concello, segundo datos do IGE para o ano 2019, ata un máximo de 5 puntos, de acordo cos seguintes tramos (calculados en base 100):

– Concellos cunha RFDH inferior ou igual a 70: 5 puntos.

– Concellos cunha RFDH maior de 70 e menor ou igual a 80: 4 puntos.

– Concellos cunha RFDH maior de 80 e menor ou igual a 90: 3 puntos.

– Concellos cunha RFDH maior de 90 e menor ou igual a 100: 2 puntos.

– Concellos cunha RFDH maior de 100: 0 puntos.

c) Proxectos que se desenvolvan en zonas de montaña, segundo a definición que resulta da medida 13 do PDR de Galicia 2014-2020: 5 puntos.

Pódese consultar a relación de concellos coa consideración de zonas de montaña no enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural:

https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda

d) Taxa de envellecemento do concello (porcentaxe de poboación >64 anos), segundo datos do IGE para o ano 2021, ata un máximo de 5 puntos, de acordo cos seguintes tramos:

– Concellos cunha taxa de envellecemento igual ou superior ao 45 %: 5 puntos.

– Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 45 % e igual ou superior ao 35 %: 3 puntos.

– Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 35 % e igual ou superior ao 25 %: 2 puntos.

– Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 25 % e igual ou superior ao 15 %: 1 punto.

– Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 15 %: 0 puntos.

e) Proxectos que se desenvolvan en parroquias clasificadas como zonas pouco poboadas baixas (ZPP baixa), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016): 5 puntos.

Para estes efectos, estará dispoñible no enderezo da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda, a relación de parroquias clasificadas como ZPP baixa.

II. En función da tipoloxía do promotor: máximo 10 puntos.

a) Proxectos promovidos por mulleres ou persoas xurídicas en que os titulares sexan mulleres nunha porcentaxe igual ou superior ao 50 % do capital social: 5 puntos.

b) Proxectos promovidos por menores de 35 anos ou por persoas desempregadas maiores de 55 anos, ou persoas xurídicas en que os titulares sexan menores de 35 anos, nunha porcentaxe igual ou superior ao 50 % do capital social: 5 puntos.

c) Proxectos promovidos por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, ou persoas xurídicas en que os titulares sexan persoas con discapacidade (co mesmo grao referido), nunha porcentaxe igual ou superior ao 50 % do seu capital social: 5 puntos.

d) Proxectos promovidos por persoas físicas suxeitas ao réxime especial de traballadores autónomos, microempresas ou entidades de economía social, que cumpran os requisitos para ter a condición de beneficiarias segundo o artigo 2 destas bases reguladoras: 5 puntos.

III. Proxectos que se desenvolvan nalgún dos seguintes ámbitos: 10 puntos.

Diversificación económica cara a actividades non agrarias en explotacións agrarias.

Artesanía.

Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do TFUE.

Turismo activo.

Servizos sociais e atención á infancia.

Proxectos de bioeconomía circular baseados na eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.

Téxtil (agás o que se refira ao sector de fibras sintéticas, segundo a definición establecida no anexo IV das Directrices de axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2014-2020 (2013/C 209/01).

IV. Empresas en que concorra algunha das seguintes circunstancias: máximo 10 puntos.

a) Empresas que dispoñan de canles de comercialización a través da súa páxina web: 5 puntos.

b) Empresas de recente creación: 5 puntos.

Para estes efectos, enténdense de recente creación aquelas empresas constituídas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, segundo a declaración censual de alta.

V. En función do número/calidade de empregos creados: máximo 25 puntos.

a) Por cada emprego creado, equivalente a unha UTA, 7,5 puntos, ata un máximo de 15 puntos. As fraccións de UTA computaranse de forma proporcional.

b) Ratio investimento elixible/emprego creado (equivalente a unha UTA): ata un máximo de 5 puntos:

– Ratio inferior a 1 emprego/60.000 € de investimento: 5 puntos.

– Ratio entre 1/ 60.000 € e 100.000 € de investimento: 4 puntos.

– Ratio entre 1/100.001 € e 140.000 € de investimento: 3 puntos.

– Ratio superior a 1/140.000 € de investimento: 2 puntos.

c) Sumaranse 2,5 puntos adicionais, ata un máximo de 5 puntos, se a creación de emprego, en termos de UTA, beneficia algún dos seguintes colectivos: mulleres, menores de 35 anos, persoas desempregadas maiores de 55 anos ou persoas con discapacidade (en grao igual ou superior ao referido na epígrafe II deste artigo).

As fraccións de UTA computaranse de xeito proporcional.

VI. En función dos empregos existentes na empresa: máximo 10 puntos.

a) Que no cadro de persoal da empresa figuren contratadas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, cunha antigüidade mínima de 6 meses: 5 puntos.

b) Ratio investimento elixible/emprego mantido: ata un máximo de 5 puntos.

– Ratio inferior a 1 emprego/15.000 € de investimento: 5 puntos.

– Ratio entre 1/ 15.000 € e 30.000 € de investimento: 4 puntos.

– Ratio entre 1/30.001 € e 50.000 € de investimento: 3 puntos.

– Ratio entre 1/50.001 € e 70.000 € de investimento: 2 puntos.

– Ratio entre 1/70.001 € e 100.000 € de investimento: 1 punto.

– Ratio superior a 1/100.000 € de investimento: 0 puntos.

VII. Outras axudas recibidas polo promotor nos últimos 5 anos, xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: 5 puntos.

– Axudas acumuladas por importe superior a 150.000 €: 0 puntos.

– Axudas acumuladas entre 100.001 € e 150.000 €: 1 punto.

– Axudas acumuladas entre 50.001 € e 100.000 €: 2 puntos.

– Axudas acumuladas entre 25.001 € e 50.000 €: 3 puntos.

– Axudas acumuladas ata 25.000 €: 4 puntos.

– Non recibiu axudas: 5 puntos.

VIII. Dispor dalgunha das seguintes certificacións expedidas por unha entidade de certificación acreditada na ENAC e/ou dispor da Marca galega de excelencia en igualdade (artigo 28 do Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro; DOG núm. 35, do 19 de febreiro), 5 puntos:

– Certificación en sistemas de xestión de calidade.

– Certificación en sistemas de xestión ambiental.

– Certificación en xestión da responsabilidade social.

A puntuación total obtida incrementarase nun 30 % no caso de proxectos que se desenvolvan no territorio que o artigo 3.2.b) establece para as aldeas modelo, tanto para o caso de investimentos destinados á mellora, ampliación e/ou modernización de empresas existentes, como para o caso da posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas.

2. No caso de empate, terá prioridade o proxecto que obtivese máis puntuación no criterio V do baremo (número/calidade de empregos creados) e, de persistir o empate, atenderase á puntuación obtida no criterio I (localización xeográfica). Se aínda así persiste o empate, primará o momento de presentación da solicitude.

Artigo 17. Proposta de resolución

1. Unha vez avaliadas as solicitudes, o órgano instrutor elaborará, para cada tipoloxía de proxectos, unha relación dos expedientes ordenada por orde decrecente de puntuación, en aplicación dos criterios de baremación establecidos no artigo anterior.

2. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar a proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas, para que no prazo de dez días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor confeccionará a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes e elevará a proposta de resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

3. Respecto de cada tipoloxía de proxectos, a proposta de resolución expresará, de forma motivada, a relación de proxectos para os cales se propón a concesión da axuda, coa identificación, en relación con cada un, da persoa beneficiaria, puntuación obtida no proceso de baremación, importe da axuda proposta e fontes de financiamento.

De ser o caso, contará, para cada tipoloxía de proxectos, cunha relación dos proxectos admitidos que non obtiveron a subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible, que conformarán a lista de agarda en cada unha das tipoloxías de proxectos. O órgano xestor poderá acordar activar a lista de agarda no suposto de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito á súa percepción; neste caso, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtiveron subvención por esgotamento do crédito previsto.

Expresará tamén, de xeito motivado, a relación de proxectos para os cales non se propón a concesión de subvención, por falta de documentación, por non reuniren os requisitos ou por non acadar a puntuación mínima necesaria.

CAPÍTULO IV

Resolución do procedemento

Artigo 18. Órgano competente

A persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural resolverá motivadamente, por delegación do Consello de Dirección, a selección dos proxectos. O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de cinco meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. A persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa.

Artigo 19. Notificación das resolucións do procedemento

1. Todas as resolucións se notificarán nos termos establecidos nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015. A notificación farase exclusivamente a través de medios electrónicos, segundo o establecido no artigo 7 destas bases reguladoras.

Nas notificacións indicarase de modo expreso que a subvención se concede ao abeiro da submedida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 e que esa actuación se enmarca na prioridade 6 do desenvolvemento rural da Unión Europea. Así mesmo, indicarase que está amparada no Regulamento nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

2. A resolución de concesión expresará o importe total da axuda que lle corresponde para a execución do proxecto, calculado sobre a base do orzamento elixible, así como a súa distribución por anualidades.

3. Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, se transcorridos dez días hábiles desde a notificación, a persoa interesada non comunica expresamente a súa renuncia á subvención (anexo VII) entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

4. Publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a relación de axudas que se concedan. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal).

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión.

2. Obrigas en materia de emprego:

a) En canto ao compromiso de mantemento do emprego:

– A persoa beneficiaria está obrigada a manter a cifra media de emprego existente na empresa durante o período de execución do proxecto. O incumprimento do compromiso de emprego no momento da xustificación final dos investimentos comporta a perda do dereito ao cobramento da axuda.

– O compromiso de mantemento do emprego será o que resulte do informe do cadro medio de persoal en situación de alta na empresa correspondente aos doce meses anteriores á presentación da solicitude de axuda.

b) En canto ao compromiso de creación de emprego:

– Enténdese por creación de emprego a formalización de novos contratos de traballo con posterioridade á presentación da solicitude de axuda.

– Só se terá en conta a creación de emprego que se poida acreditar no momento da xustificación final do expediente, á vista da información que resulte dos informes do cadro medio de persoal en situación alta na empresa presentados xunto coa solicitude de pagamento, así como das copias dos contratos de traballo que se xunten.

– Non se considerará como creación de emprego o cambio de modalidade contractual.

– Ao finalizar o prazo de execución do proxecto, a creación de emprego computarase a partir da cifra de emprego que se manterá.

c) A persoa beneficiaria está obrigada a manter o nivel de emprego certificado na data do pagamento final do expediente e reflectido na correspondente resolución de pagamento final (empregos mantidos máis os de nova creación, de ser o caso) durante o período de tres anos contados desde esa data.

3. A persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por período mínimo de cinco anos desde a data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para determinados proxectos, caso en que se aplicarán estes. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estes aspectos deben ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente.

4. As persoas beneficiarias deben publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, e o disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, en particular, do seguinte xeito:

– Deberá colocarse nun lugar visible ao público unha placa con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión. As placas serán de material resistente non é admisible a simple impresión en papel.

– No caso de bens de equipamento móbiles que se poidan utilizar fóra das instalacións da empresa, deberá colocarse sobre estes elementos, en un lugar visible, un adhesivo en vinilo.

– No caso de que a persoa beneficiaria teña sitio web de uso profesional, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural estarán dispoñibles os modelos de placas e adhesivos.

Todos os elementos publicitarios deberán manterse durante un período mínimo de cinco anos contados desde a data da resolución de pagamento final do expediente.

5. A persoa beneficiaria deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos e estará obrigado a facilitar a información que lle requira a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións, en especial, aos controis sobre o terreo e controis a posteriori que poida realizar o órgano xestor de acordo cos artigos 49 e seguintes do Regulamento (UE) nº 809/2014.

Así mesmo, en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, as persoas beneficiarias deberán facilitarlle á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización das tarefas toda a información necesaria para realizar o seguimento e a avaliación do programa.

6. As persoas beneficiarias estarán obrigadas a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

7. Cando unha persoa beneficiaria non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia efectuarase mediante o anexo VII.

CAPÍTULO V

Xustificación e pagamento

Artigo 21. Xustificación dos investimentos

1. A presentación da solicitude de pagamento (anexo IX) realizarase unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/
empresas2023, dentro do prazo de execución e xustificación referido no artigo 5 da resolución pola que se convocan as correspondentes axudas.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (en diante, RLSG), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porállelos no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez días hábiles para a súa corrección.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado esta, requirirase igualmente a persoa beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días hábiles a presente, nos termos previstos no artigo 45.2 do RLSG.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda.

Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 7 destas bases reguladoras.

2. En relación cos proxectos de adquisición de bens de equipamento en empresas existentes, as persoas beneficiarias presentarán unha única solicitude de pagamento final, xunto coa seguinte documentación:

a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, debidamente desagregados por conceptos, que deberán identificar, cando menos, a marca e o modelo dos equipamentos subvencionados e, de ser o caso, o número de serie.

b) Documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento:

– Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo polo portelo, certificación bancaria), en que conste a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

– Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado. Neste caso, achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.), en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria dentro do prazo de xustificación.

Todos os xustificantes de pagamento deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.

Non se admitirán pagamentos en metálico.

No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento.

No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, a xustificación do pagamento realizarase mediante a achega do correspondente extracto bancario, acompañado dun dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados ou orde de pagamentos da empresa selada polo banco.

c) Informe fotográfico dos investimentos executados, que necesariamente deberá incluír:

– No suposto de investimentos que incorporen un número de serie, fotografía da correspondente placa identificativa.

– Fotografías que acrediten o cumprimento das obrigas de publicidade referidas no artigo 20.4 destas bases reguladoras.

d) Documentación xustificativa dos empregos creados e mantidos, nos seguintes termos:

– Informe de vida laboral da/das conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento.

– Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta durante os doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Copia dos contratos de traballo correspondentes aos empregos creados, debidamente comunicados ao Servizo Público de Emprego.

Da documentación que se presente debe resultar acreditada a calidade do emprego creado, nos termos previstos no artigo 16.1.V.c) destas bases reguladoras.

e) De ser o caso, permisos, inscricións ou autorizacións que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación para cada tipo de investimento.

3. En relación cos proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, as persoas beneficiarias presentarán unha solicitude de pagamento parcial, xunto coa seguinte documentación:

a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, debidamente desagregados por conceptos.

No caso de adquisición de bens de equipamento, deberán identificar, cando menos, a marca e o modelo dos equipamentos subvencionados e, de ser o caso, o número de serie.

b) No caso de proxectos que comporten a execución de obra civil e/ou instalacións, certificación/s de obra asinada/das polo/a director/a de obra ou, de ser o caso, unha relación valorada asinada pola empresa contratista.

c) Documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento, nos termos previstos no número 2.b) deste artigo.

d) Licenza municipal de obra, no caso de proxectos que inclúan obras ou instalacións. No caso de obras acollidas ao sistema de comunicación previa segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia, deberá achegarse a dita comunicación xunto cun certificado emitido polo concello que indique que a dita comunicación é eficaz ou, de ser o caso, poderase presentar unha certificación emitida por unha entidade certificadora de conformidade municipal.

e) Documentación xustificativa da constitución da empresa, no caso de persoas xurídicas, ou ben da alta no réxime especial de traballadores autónomos, no caso de persoas físicas, nos termos previstos no artigo 2 destas bases reguladoras.

4. A maiores da documentación referida nas letras a), b) e c) do número 3 deste artigo, e respecto dos proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, xunto coa solicitude de pagamento final deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa dos empregos creados e, de ser caso, mantidos, nos termos previstos no número 2.d) deste artigo.

b) Informe fotográfico dos investimentos executados, nos termos previstos no número 2.c) deste artigo.

c) Declaración censual de alta da nova actividade.

d) Para o suposto de adquisición de inmobles, o documento de compravenda elevado a público e presentado no rexistro correspondente.

e) De ser o caso, permisos, autorizacións e/ou inscricións que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación para cada tipo de investimento.

f) Comunicación previa de inicio de actividade, nos termos previstos na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

5. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, desde o día da presentación da solicitude da axuda e ata a data límite de execución e xustificación dos investimentos determinada no artigo 5 da resolución pola que se convocan as correspondentes axudas.

6. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá solicitarlle á persoa beneficiaria as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que o órgano xestor considere convenientes.

7. Na fase de xustificación do gasto, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá contrastar os prezos achegados pola persoa beneficiaria por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da LSG co fin de comprobar que os gastos subvencionables se axustan ao valor de mercado. En caso de discrepancia minoraranse os importes aprobados na concesión da axuda.

8. Aquelas persoas beneficiarias que, nas datas máximas de execución e xustificación da operación previstas no artigo 5 da resolución pola que se convocan estas axudas para cada tipoloxía de proxectos, non renunciasen expresamente á subvención concedida ou non executasen nin xustificasen o proxecto sen causa debidamente xustificada e comunicada á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural quedarán excluídas das dúas seguintes convocatorias de axudas que xestione esta axencia dentro da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020.

No suposto de subcontratación polas persoas beneficiarias das actividades subvencionadas observarase o disposto no artigo 27 da LSG en relación co artigo 43 do RLSG.

Artigo 22. Control administrativo da solicitude de pagamento

1. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

– A operación finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

– Os custos contraídos e os gastos realizados.

2. Todas as operacións de investimento incluirán, polo menos, unha visita in situ ao lugar da operación para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

3. O pagamento calcularase sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante o control administrativo da solicitude de pagamento.

Conforme o artigo 63 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, modificado polo Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242, cando o importe que derive da solicitude de pagamento supere en máis dun 10 % o importe pagadoiro á persoa beneficiaria logo do exame da admisibilidade do gasto que figura na solicitude de pagamento, aplicarase unha sanción administrativa a este último importe. A contía da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Artigo 23. Réxime de pagamento

1. Para os proxectos de adquisición de bens de equipamento en actividades agrícolas, tramitarase un único pagamento final. Dado o carácter anual do crédito orzado para esta tipoloxía de proxectos, non se tramitarán pagamentos á conta nin pagamentos anticipados.

2. No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, tramitarase un pagamento á conta con cargo á anualidade 2023, en concepto de pagamento fraccionado para responder ao ritmo de execución das accións subvencionadas, que non excederá a anualidade prevista nese exercicio orzamentario.

Nos termos previstos no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias están exentas de constituír garantías, en virtude da autorización do Consello da Xunta do 22 de decembro de 2022.

Na anualidade 2024 non se concederán pagamentos á conta nin pagamentos anticipados, de xeito que se realizará unicamente a liquidación do expediente mediante o pagamento final.

CAPÍTULO VI

Modificación da resolución de concesión

Artigo 24. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida.

En particular, a modificación da titularidade do proxecto, a variación do importe dos investimentos subvencionados e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo final para xustificar o investimento, a persoa beneficiaria poderá solicitar a modificación do seu contido, utilizando para isto o modelo normalizado (anexo VIII).

3. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, o que poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.

4. No suposto de que a modificación consista no cambio de titularidade do proxecto, verificarase a idoneidade da nova persoa promotora. A solicitude de subrogación comportará a revisión da puntuación obtida inicialmente á vista das circunstancias do novo promotor, podendo dar lugar, de ser o caso, á perda do dereito á subvención.

5. No suposto de modificacións que afecten o importe dos investimentos subvencionables, terase en conta o seguinte:

Non se admitirá o incremento do importe total do investimento considerado como subvencionable.

Non se admitirán modificacións que supoñan o incremento do custo unitario dos conceptos e elementos subvencionables.

6. Xunto coa solicitude de modificación deberase achegar a seguinte documentación:

a) Documento público ou privado de subrogación, en que quede reflectido o traspaso de compromisos asumidos coa aceptación da subvención, no caso de que o proxecto consista no cambio de titularidade.

b) Documentación acreditativa da personalidade da nova persoa titular, no caso de que o proxecto consista no cambio de titularidade.

c) Novo orzamento proposto para os gastos necesarios para a execución proxecto (anexo IV), de ser o caso.

d) Nova relación das tres ofertas solicitadas e elixidas (anexo V), de ser o caso.

e) Declaración doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto, de ser o caso.

7. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela. As persoas beneficiarias terán a obriga de comunicarlle á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención.

A modificación poderase autorizar sempre que:

– Non desvirtúe a finalidade da axuda e non supoña incremento do orzamento.

–Non exista prexuízo a terceiros.

– Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorreren na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

8. A conformidade expresa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ás mencionadas modificacións só será outorgada cando non se altere significativamente o proxecto inicial e se cumpran os requisitos antes indicados. En concreto, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos elementos ou conceptos de gasto distintos dos aprobados na resolución de concesión. O cambio de provedor non dará lugar a unha modificación da resolución de concesión.

CAPÍTULO VII

Reintegro e réxime sancionador

Artigo 25. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG.

Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de sesenta días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2012, modificado polo Regulamento de execución 2017/1242).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, da actividade subvencionada, ao compromiso de mantemento de emprego, ou ao compromiso de creación de emprego, cando este último compromiso determinou a concesión da subvención, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento.

3. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feader.

4. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido nestas bases.

5. Suporá a perda dun 5 % non comunicarlle á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

6. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do RLSG.

7. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

a) Falecemento da persoa beneficiaria

b) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se concedeu a subvención

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os bens da empresa subvencionada e impida o seu normal funcionamento

Artigo 26. Réxime sancionador

As persoas beneficiarias das axudas, de ser o caso, estarán suxeitas ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do RLSG, e ao disposto no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 e no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014.

CAPÍTULO VIII

Réxime normativo e de recursos

Artigo 27. Normativa de aplicación

Normativa autonómica:

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (RLSG).

Normativa estatal:

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Normativa comunitaria:

– Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (España) para os efectos da concesión da axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2014ES06RDRP011), e actos modificativos posteriores.

– Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

– Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, ao FSE, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao FEMP, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE, ao Fondo de Cohesión e ao FEMP.

– Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

– Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

– Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013.

– Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

– Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

– Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

– Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

– Regulamento (UE) nº 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta aos seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022, e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e á distribución da dita axuda nos anos 2021 e 2022.

Artigo 28. Réxime de recursos

As resolucións dos procedementos instruídos ao abeiro destas bases esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

Recurso potestativo de reposición perante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Se, transcorrido o prazo para resolver, non lle é notificada a resolución á persoa interesada, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición contra a desestimación por silencio administrativo en calquera momento, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, como sinala o artigo 124 da Lei 39/2015, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file