Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10543

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á resolución do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 18 de abril de 2022.

O artigo 35 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (Diario Oficial de Galicia núm. 251, do 31 de decembro), tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia, incorpora a creación da nova categoría estatutaria de facultativo/a especialista de atención primaria. En atención ao carácter extraordinario da situación, o número 3 dese artigo 35 dispón que neste ano 2022 se tramite un proceso selectivo, polo sistema de concurso, para acceder á condición de persoal fixo da nova categoría.

Celebrado o acto de elección de destino convocado por Resolución do 7 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 239, do 19 de decembro), resultaron adxudicadas as prazas ofertadas.

A base décima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 27 de abril), establece que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da antedita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria os/as aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo e declarar finalizado para ditos/as aspirantes o concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 27 de abril).

Segundo. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

Neste suposto, o órgano convocante chamará novos/as aspirantes, que teñan solicitado o/os destino/s nos que non se teña producido a incorporación ao servizo activo, no número que corresponda e pola orde de prelación da lista definitiva, que, de ser o caso, serán seleccionados/as e nomeados/as persoal estatutario fixo da categoría.

Terceiro. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Definitivamente seleccionados, nomeamento e adxudicación de destino

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Servizo de AP

Centro

PAC de referencia

Quenda

***2361**

Álvarez Calleja, María

A.S. de Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Ponteareas-Vigo

Tarde

***4629**

Arita Aguilar, Carlos Antonio

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Vilagarcía de Arousa

San Roque

Vilagarcía-Caldas de Reis

Tarde

***8478**

Carabajo Gambarrotti, Evelyn Johanna

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro

Viveiro

Viveiro-Ribadeo

Tarde

***2129**

Diéguez Varela, Cristina

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro

Viveiro

Viveiro-Ribadeo

Tarde

***1845**

Diez Díaz, Daniel

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Cangas-Moaña-Redondela

Tarde

***7968**

Fariña González, Hadrián

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras

O Barco-Valdeorras

O Barco-Valdeorras

Desprazable

***5405**

Fernández Leizán, Lucía María

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Vilalba

Xermade

Lugo-Guitiriz

Mañá

***2181**

Freire Nivela, Karla Judith

A.S. de Pontevedra e O Salnés

O Grove

O Grove

O Grove

Mañá

***5816**

Gómez Villares, Lorena

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

Foz

Ribadeo-Burela

Tarde

***9999**

Hernández Ramos, María del Rocío

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Cambados

Cambados

Cambados-O Grove

Desprazable

***5673**

Lorenzo Díaz, Noelia

A.S. da Coruña e Cee

Ponteceso

Laxe

Ponteceso-Cee

Mañá

***5912**

Mariño-Ageitos Monteagudo, Salvador

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Cangas-Moaña-Redondela

Tarde

***4264**

Martínez Canel, Clara

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

San Cibrao

Viveiro-Burela

Mañá

***9905**

Menéndez Rodríguez, Martín

A.S. de Vigo

A Guarda

A Guarda

A Guarda-Valmiñor

Desprazable

***7716**

Nieto Toscano, Ángela

A.S. de Vigo

Cangas

Cangas

Cangas-Moaña-Redondela

Tarde

***5949**

Sánchez Maseda, Natalia

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Burela

Burela

Burela

Tarde

***7229**

Sánchez Pou, Minerva Margarita

A.S. de Vigo

Redondela

Redondela-Pazos de Borbén-Fornelos

Cangas-Moaña-Redondela

Mañá

***5431**

Severino Mercedes, Melquiades

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo-A Milagrosa

A Milagrosa

Lugo-Palas de Rei

Desprazable

***4588**

Villar Zamora, Guillermo

A.S. de Vigo

A Guarda

O Rosal

A Guarda-Valmiñor

Mañá