Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2023 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora dos accesos ao Centro Hospitalario da Coruña (CHUAC), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido (clave AC/21/215.30.1).

Antecedentes:

Mediante Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 26 de xaneiro de 2023 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado da mellora dos accesos ao CHUAC, de clave AC/21/215.30.1, no municipio da Coruña.

A descrición da actuación pódese consultar na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, na respectiva ficha descritiva do proxecto.

Os accesos proxectados contan con cadansúa intersección coas estradas de titularidade estatal AC-12 e AC-10. No que respecta á estrada AC-12, na actualidade está en fase de tramitación o cambio de titularidade a favor da Xunta de Galicia do treito da devandita estrada afectado polos accesos ao centro hospitalario. Así mesmo, a vía de conexión proxectada coa AC-10 ten carácter provisional, de feito que a súa funcionalidade se atinxe co período de tempo que duren as obras do hospital.

O proxecto foi sometido á avaliación de impacto ambiental simplificada, de feito, con data do 10.10.2022, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou o informe de impacto ambiental da mellora da funcionalidade e seguridade dos accesos ao CHUAC, no concello da Coruña; e concluíu que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Logo de considerar todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto á información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña ) e na Casa do Concello da Coruña (praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, atópase á disposición dos interesados o proxecto de trazado de mellora dos accesos ao CHUAC, de clave AC/21/215.30.1.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora de accesos ao CHUAC

Clave: AC/21/215.30.1

Concello da Coruña.

Núm.

Referencia

catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI

Clase de solo

Catastro

Clasificación

urbanística

Sit. básica

do solo

RDL 7/2015

Exprop.

(m2)

Ocupación

temporal

(m2)

Bens afectados

Cantidade

Ud.

Descrición

1

9995813NH4999N

99958

13

Procorsa, S.L.

B154515698

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

75

2

9893509NJ4999S

98935

09

María Blanca Juzgado Guyatt

***2381**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

1.110

39,2

m2

Muro de pedra en taco xunta seca i/pp cimentación e piares

Francisco Javier Juzgado Guyatt

***2556**

72,8

m2

Muro de pedra en taco con morteiro i/pp cimentación e piares

Elizabeth Mary

Natividad Guyatt Iriarte

***0247**

8

ud

Arbusto xardín porte alto (h>150 cm)

Charles Henry John Guyatt

***0336**

Henry Heliodoro Alexander Guyatt

***0622**

3

9794202NH4999N

97942

02

Instituto Médico Quirúrgico San

Rafael, S.A.

A15016702

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

74

24

m2

Muro contención de formigón armado encofrado 1 cara i/ pp cimentación e piares

4

9794203NH4999N

97942

03

José Tenreiro Malvar (hros.)

***2437**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

20

20

m2

Cuberta de chapa galvanizada

5

9692225NJ4999S

96922

25

Ramón Bahamonde Santiso

***2721**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

924

María Antonia

Caballero Ruiz

***3818**

Leonor Ángeles

Bahamonde Santiso

***5751**

María Victoria

Bahamonde Santiso

***0161**

6

9490520NH4999S

94905

20

Manuel Sanda Espiñeira

***7990**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

173

7

9490518NJ4999S

94905

18

En investigación

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

42

42

m2

Soleira de formigón

8

9490517NJ4999S

94905

17

En investigación

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

15

15

m2

Soleira de formigón

9

9692214NJ4999S

96922

14

En investigación

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

643

10

9692213NJ4999S

96922

13

En investigación

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

351

11

9692212NJ4999S

96922

12

Elvira Blanco Moreno

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

184

12

9692211NJ4999S

96922

11

Leonor Santiso Blanco (hros.)

***6638**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

624

13

9692210NJ4999S

96922

10

Leonor Santiso Blanco (hros.)

***6638**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

1.296

14

9692209NJ4999S

96922

09

Leonor Santiso Blanco (hros.)

***6638**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

1.913

15

9893510NJ4999S

98935

10

Concello da Coruña

P1503000J

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

208

27

m2

Muro de pedra sobre pedra

16

9493204NJ4999S

94932

04

Concello da Coruña

P1503000J

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

8.026

4

ud

Árbore ornamental grande (d>30 cm)

17

8996810NH4989N

89968

10

Concello da Coruña

P1503000J

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

719

10

ud

Árbore ornamental mediana

(d 10-30 cm)

18

8996809NH4989N

89968

09

Concello da Coruña

P1503000J

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

2.677

12

ud

Árbore ornamental grande (d>30 cm)