Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10290

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos durante o terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, procédese á corrección de erros da Resolución do 23 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2022 (DOG núm. 193, do 10 de outubro), de xeito que se engaden á lista anexa dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022 por esta consellería, os que se sinalan no anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO I

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2022

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Valga para a recuperación da planta de xestión de residuos e punto limpo de Valga

Instrumentar o outorgamento dunha subvención directa de carácter singular ao Concello de Valga, destinada a sufragar parcialmente a recuperación da plena funcionalidade da planta de xestión de residuos e punto limpo de Valga, afectada na actualidade polas circunstancias descritas no expositivo segundo. Para os efectos do disposto polo artigo 26.2.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, faise constar a concorrencia dun interese público na recuperación dunha infraestrutura dedicada a prestar servizo á cidadanía para a recollida selectiva de residuos de especiais características como ferramenta para acadar unha xestión sustentable de tales residuos orientada á recuperación e reciclaxe, en liña coa planificación autonómica e estatal en materia de xestión de residuos

7 de setembro de 2022

65.334,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para realizar unha investigación sobre as condicións actuais das iniciativas públicas en Galicia en materia de planificación, conservación e ordenación territorial e propostas de futuro para unha ordenación e planificación sustentable en Galicia

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para o desenvolvemento dunha investigación pola Fundación RIA, coa colaboración do COAG, sobre as condicións actuais das iniciativas públicas en Galicia en materia de planificación, conservación e ordenación territorial nos ámbitos urbano e rural, co obxectivo de realizar propostas de futuro para unha planificación sustentable en Galicia

13 de setembro de 2022

73.450,00 €

Convenio de adhesión de Navia de Suarna ao convenio marco asinado entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembes

Por medio do presente convenio, Navia de Suarna adhírese ao convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembes, participando desta forma no sistema integrado xestionado por Ecoembes, segundo o disposto no artigo 9 do Regulamento de desenvolvemento da Lei de envases, asumindo todos os compromisos definidos nel

21 de setembro de 2022

Sen contido económico

III addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo e a Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento da análise da incidencia do cambio climático na costa galega, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Modificación da cláusula terceira, a cláusula cuarta, a sétima, o plan de traballo (cronograma) e o anexo II

3 de outubro de 2022

Non supón incremento do convenio inicial

Acordo unánime de resolución por mutuo acordo do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección da cidade histórica

Declarar resolto por acordo unánime o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección da cidade histórica, subscrito o 12 de xullo de 2013

10 de outubro de 2022

Sen contido económico

Acordo entre a Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a colaboración na humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

Establecemento das condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a colaboración na humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

17 de outubro de 2022

362.398,38 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arbo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arbo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na ampliación de vía entre a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400

18 de outubro de 2022

252.132,62 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Vicedo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Vicedo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da zona dotacional do Vicedo

21 de outubro de 2022

34.981,25 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Touro para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Touro, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e rehabilitación de espazo público en Mourelos

7 de novembro de 2022

82.351,32 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Peroxa para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Peroxa, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización das vivendas sociais e contorna

9 de novembro de 2022

123.958,02 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Esgos para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Esgos, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización do contorno da casa cuartel no núcleo rural de Esgos

9 de novembro de 2022

151.193,76 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Sober para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Sober, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización para a mellora e posta en valor do espazo público no núcleo de Lobios

9 de novembro de 2022

120.662,65 €

Segunda addenda do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Folgoso do Courel para a adecuación da área recreativa de Mogoxe

Modificación das cláusulas 4ª e 5ª do convenio asinado o 7 de xullo de 2021

30 de novembro de 2022

Sen contido económico

Addenda núm. 2 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Abegondo para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo

Modificación do contido do punto 1 da cláusula segunda –Compromisos da Xunta de Galicia–, así como da prórroga da vixencia do convenio (cláusula décima) para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

5 de decembro de 2022

Sen contido económico

Acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización das obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño, que constitúe a terceira fase do proxecto de rehabilitación das murallas

14 de decembro de 2022

362.398,38 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado o 27 de xaneiro de 2022 entre a Axencia Turismo de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Begonte para a reforma e acondicionamento de instalacións para escola de música, conservatorio e auditorio

Modificar as cláusulas segunda, oitava e décimo oitava do convenio

15 de decembro de 2022

457.368,26 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora integral da urbanización de San Rafael, na parroquia de Pereiras

15 de decembro de 2022

857.031,94 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Val do Dubra para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Val do Dubra, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora de seguridade viaria na AC-406 (Portomouro-Santa Comba) no contorno do lugar de Paramos, entre o p.q. 17+160 e o p.q. 18+620, mediante a creación dunha zona de tránsito para os peóns

16 de decembro de 2022

292.600,25 €

Addenda núm. 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para a axuda para a construción de seis plantas de transferencia de residuos urbanos en Galicia. Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

Modificación das cláusulas terceira, sexta, oitava e décimo segunda e do anexo 1

21 de decembro de 2022

Non supón incremento das cantidades iniciais do convenio

Addenda núm. 1 e prórroga do acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Vicedo para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, así como da cláusula décimo segunda –vixencia–, co fin de prorrogar a súa vixencia, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

28 de decembro de 2022

Sen contido económico

Addenda núm. 2 e prórroga do acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Piñor para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, así como da cláusula décimo segunda –vixencia–, co fin de prorrogar a súa vixencia, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

28 de decembro de 2022

Sen contido económico

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o Servizo de Predición Meteorolóxica de Galicia

Regular as condicións da colaboración entre as partes asinantes para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia

29 de decembro de 2022

73.503,36 €

Addenda núm. 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para a axuda para a construción de tres novas plantas de biorresiduos. Operación susceptible de financiamento o 100 % no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

Modificación das cláusulas terceira e sexta

29 de decembro de 2022

Non supón incremento das cantidades iniciais do convenio

ANEXO II

Corrección de erros da Resolución do 23 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2022. Engádense á lista os convenios seguintes:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Addenda número 2 do acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Friol para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

30 de xuño de 2022

Supón un incremento sobre o convenio inicial de 68.217,24 €

II addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo e a Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento da análise da incidencia do cambio climático na costa galega, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Modificación da cláusula terceira, da cláusula cuarta, da cláusula sétima, do plan de traballo (cronograma) e do anexo II

16 de xullo de 2022

Non supón incremento do convenio inicial