Mediante a Orde do 7 de xuño de 2022 (DOG do 17 de xuño) regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realizou a formación práctica en centros de traballo ou FP dual durante o ano 2022.
O artigo 11 establece que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicará o anuncio da exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno/a, no Diario Oficial de Galicia.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias das axudas concedidas e nas contías que se indican, correspondentes ao ano 2022 (prazo outubro), nos centros educativos colaboradores na xestión desta convocatoria de axudas e na Base de datos nacional de subvencións prevista no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades