Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO de rectificación de erros nas bases xerais e específicas para a execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para prover as diferentes prazas, na execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal, ao abeiro da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, que foron rectificadas e publicada a rectificación de erros no BOP núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Corcubión, 9 de xaneiro de 2023

Manuel Insua Insua
Alcalde