Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO da convocatoria para executar a oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 245, do día 28.12.2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para prover as seguintes prazas, na execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal, ao abeiro do artigo 2 da Lei 20/2021, que foron rectificadas e publicada a rectificación de erros no BOP núm. 4, do día 5.1.2023:

– Unha praza de mestre/a de escola infantil, persoal laboral fixo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso-oposición, quenda libre.

– Unha praza de condutor/a de camión do lixo, oficial 1ª, persoal laboral fixo, grupo V (AP), mediante o sistema de concurso-oposición, quenda libre.

– Unha praza de peón recolledor de lixo, persoal laboral fixo, grupo V (AP), xornada parcial, mediante o sistema de concurso-oposición, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Corcubión, 9 de xaneiro de 2023

Manuel Insua Insua
Alcalde