Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider practicar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC no apoio D38 da LMTA CAS806 na Casa do Concello de Castrelo de Miño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 16 de xaneiro de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domonio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/15-3.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Concello: Castrelo de Miño.
Denominación: instalación de interruptor TC no apoio D38 da LMTA CAS806.
Predio núm. |
Lugar |
Titular |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
1 |
Rodal |
Descoñecido |
Casa do Concello de Castrelo de Miño |
28.3.2023 |
12.30 |