Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado reforzo LMTA GON805 de derivación aos CCTT A Lama e Camos II.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA GON805 de derivación aos CCTT A Lama e Camos II, no concello de Nigrán, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 16 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/001-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMTA GON805 de derivación aos CC.TT. A Lama e Camos II.

Concello: Nigrán.

Predio

Referencia catastral

Titular

Deposito prezo xusto

3

54035A032001330000HD

Descoñecido

2023/54/13

5

54035A032002600000HK

Descoñecido

2022/54/360