Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10726

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) no terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Título

Obxecto

Achega
económica

Data da
sinatura

Entrada
en vigor

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística para a organización do II curso Cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axente implicados na disciplina urbanística

Colaboración para o desenvolvemento conxunto da segunda edición do curso Cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística

2.801,15 €

(IVE incluído)

29.9.2022

29.9.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a actualización das fichas de afeccións e limitacións de dominio, segundo a lexislación sectorial estatal e autonómica de Galicia

Establecer as condicións de colaboración entre a APLU e o COAG para a realización dos traballos de actualización das fichas de afeccións e limitacións de dominio, segundo la lexislación sectorial estatal e autonómica de Galicia

6.050,00 €

(IVE incluído)

10.10.2022

11.10.2022