Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10725

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 20 de xaneiro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no terceiro cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou ás prazas de vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ames.

2.11.2022

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Rábade.

9.12.2022

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou ás prazas de vixiantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Estrada.

29.12.2022

Sen achega económica