Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da aprobación das bases e da convocatoria dunha praza de educador/a familiar.

Unha vez aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de educador/a familiar (subgrupo A2) da escala de administración especial, subescala técnica, en xornada completa, para o Concello de Coirós, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246, do 29 de decembro de 2022, aparecen integramente publicadas as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de educador/a familiar (subgrupo A2) da escala de administración especial, subescala técnica, vacante no cadro de persoal municipal.

Esta praza ten as seguintes características:

Grupo: A2. Escala: administración especial. Subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: educador/a familiar. Xornada: completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web deste: www.concellocoiros.com

Coirós, 10 de xaneiro de 2023

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde