Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da aprobación das bases e convocatoria dunha praza de director/a do Centro de Información ás Mulleres (CIM).

Aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de director/a do Centro de Información ás Mulleres (CIM) (subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, en xornada completa, para este Concello de Coirós, mediante sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de A Coruña, número 246, con data do 29 de decembro de 2022 aparecen integramente publicadas as bases e convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de director/a do Centro de Información ás Mulleres (CIM) (subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, vacante no cadro de persoal municipal.

Esta praza ten as seguintes características:

– Grupo: A2 Escala: Administración especial. Subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: director/a do Centro de Información ás Mulleres (CIM), en xornada completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web concellocoirós.com

Coirós, 10 de xaneiro de 2023

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde