Unha vez aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de axente de igualdade (subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, en xornada completa, para o Concello de Coirós, mediante sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246, do 29 de decembro de 2022, aparecen integramente publicadas as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de axente de igualdade (subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, vacante no cadro de persoal municipal.
Esta praza ten as seguintes características:
– Grupo: A2. Escala: administración especial. Subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: axente de igualdade, en xornada completa.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do concello e na súa páxina web concellocoiros.com
Coirós, 10 de xaneiro de 2023
Francisco Quintela Requeijo
Alcalde