Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Fontenova.

Logo da correspondente tramitación administrativa, de acordo coas disposicións legais aplicables, o Pleno do Concello de Verín, en sesión ordinaria do 30 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do espazo dotacional público en Fontenova, no concello de Verín, promovido polo Concello de Verín segundo o proxecto técnico redactado por Alfonso Botana, S.L., con data de novembro de 2021, e presentado no Rexistro Telemático deste concello o 4.11.2021 (nº de rexistro: 2021-E-RE-1980).

Segundo. Publicar o citado instrumento de planeamento, de acordo co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da citada lei, de modo que acade a necesaria eficacia xurídica coa súa entrada en vigor.

Proceder, así mesmo, á notificación individualizada aos titulares catastrais dos terreos afectados, de acordo co disposto no artigo 186.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Terceiro. Trasladar ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a derradeira versión do documento do PEID de Fontenova aprobada polo Pleno, para a súa inscrición, dando así cumprimento ao previsto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Verín, 11 de xaneiro de 2023

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde