Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior do APR-45 na zona dos Coutos.

Logo da correspondente tramitación administrativa, de acordo coas disposicións legais aplicables, o Pleno do Concello de Verín, en sesión ordinaria do 30 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior do ámbito APR-45 do instrumento de ordenación provisional na zona dos Coutos para actividades terciarias, no concello de Verín, promovido por Logística Chestenorte, S.L. segundo o proxecto redactado pola arquitecta María del Consuelo González García en decembro de 2022, e presentado neste concello por DESSAUrbanismo, S.L.N.E., o 11 de decembro de 2022.

Segundo. Publicar o citado instrumento de planeamento, de acordo co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da citada lei, de modo que acade a necesaria eficacia xurídica coa súa entrada en vigor.

Proceder, así mesmo, á notificación individualizada aos titulares catastrais dos terreos afectados, de acordo co disposto no artigo 186.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Terceiro. Trasladar ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a derradeira versión do documento do PERI APR-45 aprobada polo Pleno, para a súa inscrición, dando así cumprimento ao previsto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, indícase que as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do citado plan especial se inclúen na memoria xustificativa do documento técnico aprobado definitivamente, que se pode consultar integramente no seguinte enderezo electrónico da páxina web do Concello de Verín:

http://www.verin.gal/

Quinto. Segundo o disposto no artigo 82.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

En todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas á inscrición do planeamento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Verín, 11 de xaneiro de 2023

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde