Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2023 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Arteixo (expediente SCOVID/ARTEIXO/0157 e seis máis).

O Concello de Arteixo ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/ARTEIXO/0157 e seis máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican están á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Arteixo, situadas na praza Alcalde Ramón Dopico, 1, Arteixo (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se encontren dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de Arteixo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

Fátima Sanmiguel Santiso
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/ARTEIXO/0157

79339048L

Incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, das obrigas ou das prohibicións establecidas na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia, polo incumprimento da limitación da permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado no ámbito territorial deste concello vixentes na data na que se cometeron os feitos descritos na denuncia

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/ARTEIXO/0163

32770270P

SCOVID/ARTEIXO/0169

76344655L

SCOVID/ARTEIXO/0172

58035146M

SCOVID/ARTEIXO/0173

79346031X

SCOVID/ARTEIXO/0176

54126712F

SCOVID/ARTEIXO/0192

34893285P

Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros