Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11118

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Forcarei para desenvolver as facultades de comprobación e inspección, así como a liquidación e recadación resultante dela, de diversos tributos municipais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de decembro de 2022, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Forcarei por Acordo do Pleno na sesión do 20 de outubro de 2022 para desenvolver as facultades de comprobación e inspección, así como a liquidación e recadación resultante dela, de diversos tributos municipais

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 23 de decembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL