Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2023.

Polo Acordo da Xunta de Goberno local deste concello, do 26 de xaneiro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público correspondente á/ás praza/s que a continuación se citan, para o ano 2023.

Persoal laboral fixo:

A) Unha (1) praza correspondente á taxa ordinaria de reposición de efectivos.

Denominación

Grupo

Nivel

Núm. de prazas

Xornada

Sistema acceso

1

Auxiliar de biblioteca

Grupo III

20

1

Completa

Concurso-oposición

B) Dúas (2) prazas non computables por ter sido declarado persoal laboral indefinido non fixo por sentenza xudicial durante o ano 2022.

Denominación

Grupo

Nivel

Núm. de prazas

Xornada

Sistema acceso

1

Oficial obras encargado (obras)

Grupo IV

14

1

Completa

Concurso-oposición

2

Peón obras-operario servizos múltiples (xardinaría)

Grupo IV

14

1

Completa

Concurso-oposición

C) Cinco (5) prazas por taxa específica de carácter extraordinario ao abeiro do citado artigo 20 da LOXE para 2023.

Denominación

Grupo

Nivel

Núm. de prazas

Xornada

Sistema acceso

1

Peón obras-operario servizos múltiples (obras)

Grupo IV

14

2

Completa

Concurso-oposición

2

Peón obras-operario servizos múltiples (xardinaría)

Grupo IV

14

3

Completa

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

San Cibrao das Viñas, 27 de xaneiro de 2023

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde