Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Beade

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de persoal laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 298, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover a seguinte praza:

– Unha praza de auxiliar administrativo, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Beade.

Beade, 10 de xaneiro de 2023 

Senén Pousa Soto
Alcalde